Primeira xornada do Provincial xuvenil

En Provincial, Xuvenil

Táboas no primeiro duelo entre campións zonais

A MILAGROSA empatou nos intres finais un partido no que desperdiciou  numerosas ocasións para igualar o encontro e mesmo gañalo

Reparto de puntos con peor sabor para a Milagrosa, que dispuxo de ocasións para sacar un resultado mellor ante o Rácing Villalbés B.
Medíanse os campións do grupo Norte e Sur e, nos minutos iniciais, ningún dos equipos quixo asumir riscos co balón, pero non regatearon en intensidade e despregue físico, dando mostras da esixencia que esta segunda fase suporá para os dez equipos en que compiten polas tres prazas para xogar o Ascenso.
Os locais foron asumindo a iniciativa con máis achegamentos á area rival, pero adiantáronse os chairegos nunha contra tras córner a favor da Milagrosa que culminou o cadete Gabri aos 17 minutos de xogo. O 0-1 mantívose no marcador ata o descanso malia que os locais inquietaron a Óscar con balóns colgados na área.
Tras o intermedio, a Milagrosa incrementou o seu dominio superando en accións por dentro a un Villalbés B que vía como o partido se escapaba do seu control.
As intervencións de Óscar e a madeira, que evitou o gol nun remate de Diego Ferreiro, demoraron o empate que chegaría no minuto 84 por medio de Fran que se sumou ao ataque nun treito final de asedio por parte dos locais. Co 1-1 o equipo dirixido por Couso seguiu merecendo máis polas ocasións creadas, pero o marcador non se moveu.
Ao final, táboas nun choque entre dous dos equipos que apuntan a candidatos ás primeiras prazas da clasificación.
A vindeira xornada, a Milagrosa medirase ao Sagrado. O Rácing Villalbés B recibirá ao Castro.

“Pouco premio para o que mereceu o equipo ao longo do encontro” MANOLO COUSO Milagrosa

“Temos que traballar moitísimo se queremos ser competitivos nesta segunda fase”IVÁN LAMAS villalbés B

O Polvorín acabou pedindo a hora
o 3-2 da sarriana xusto antes do desconto axitou o final do partido que os locais puideron pechar tras o 2-0

O Polvorín sumou os tres primeiros puntos en xogo no Provincial xuvenil tras impoñerse nun encontro parello e emocionante á Sarriana.
Os dous equipos tivéronse moito respecto de saída, pero as ocasións sucedéronse co paso dos minutos. Miqueiras e Abella tiveron cadanseu man a man nos que non puideron con You, mentres que o Polvorín deu na diana co un a cero de Alberto, marcador co que se chegou ao descanso.
Nada máis empezar a segunda parte Fabián estrelou unha falta directa no poste, e o Polvorín volveu tirar de contundencia, nesta ocasión co dous a cero que asinou Iago para os de Kubala.
Abella volveu meter á Sarriana no partido pero a reacción do Polvorín foi inmediata ao volver poñer terra polo medio no marcador co tres a un por medio de Rubén, tan só dous minutos despois de que Abella recortase distancias.
Con vinte minutos por diante a Sarriana non se resignou a darse por vencida e froito diso xeraron ocasións claras, entre elas o tres a dous que subiu ao marcador Marco na recta final dun partido no que o Polvorín resistiu o asedio final da Sarriana en busca do empate.

“Nesta nova fase vai predominar a igualdade por iso este triunfo é moi importante. Noraboa ao equipo” KUBALA Polvorín FC

“No treito final tivemos ocasións claras para poder empatar e incluso levarnos os tres puntos en xogo do Polvorín” JOSITO CD Lugo

Javi asinou o triunfo do Becerreá

O gol chegou nunha boa contra ante un Sagrado Corazón que, sobre todo na primeira parte, dispuxo de ocasións ante Adriá para inaugurar o marcador

O Becerreá comezou con bo pé a Fase de Promoción. Un gol de Javi nunha contra de libro valeulles aos de Antón Méndez para sumar os tres primeiros puntos en xogo na competición provincial.
O dianteiro rematou na área unha acción trazada por Marco e Jose Antonio aproveitando unha recuperación na presión sobre a saída de balón .
Os locais fixeron valer un dos seus sinais de identidade ante un Sagrado Corazón que, sobre todo na primeira metade, conseguiu xenerar situacións de vantaxe no campo movendo o balón, aínda que non sempre puido traducilas en remates con perigo. As ocasións máis claras para empatar o encontro foron de Rober e Platas.
Na segunda metade o Becerreá foi máis protagonista: roubou máis balóns, incomodando ao Sagrado Corazón, que apenas conseguiu crear situacións claras de remate.
O fútbol continuou ata os vinte minutos finais no que o partido se enturbiou concluíndo con catro expulsados, tres no equipo visitante e un no conxunto local.
A vindeira xornada o Becerreá midese á Sarriana coa que empatou a uns no partido disputado no Municipal na primeira fase. O Sagrado Corazón recibe á Milagrosa.

“Era importante empezar con tres puntos esta segunda fase” ANTÓN MÉNDEZ Becerreá

“Creo que entre todos podemos hacer este deporte muchísimo mejor”FRAN FERNÁNDEZ Sagrado Corazón

O Ribadeo tomoulle ben a medida  ao Foz

Mesmo resultado que na 1ª fase

Ribadeo e Foz, que xa se viran as caras na primeira fase, medíronse por segunda vez e o choque volveu acabar con vitoria para o equipo de Salva.
Co mesmo resultado, 2-1, pero guión distinto porque foron os de Iván Gayol os que abriron o marcador, cun gol de Álex aos dez minutos de xogo. Aos ribadenses custoulles entrar no partido, pero co paso dos minutos sentíronse máis cómodos. Con Iván García na banda e Álex na punta, os locais prodigáronse máis en ataque pero, ao descanso, o Foz mantiña a renda.
Tras o paso polos vestiarios o Ribadeo xogou con máis ritmo e intensidade na busca dun gol que lle permitira igualar o encontro. Chegaría nun remate moi lonxano de Román, que sorprendeu ao gardameta visitante. Crecido tralo empate, o equipo local incrementou o seu dominio. Álex avisou cun remate ao longueiro e, minutos despois, o dianteiro sería o protagonista dun penalti que el mesmo transformou.
No último treito do encontro o Foz apurou as súas opcións e obrigou a dar un paso atrás ao Ribadeo que, finalmente, mantivo o marcador ao seu favor.

 

“Foi unha boa maneira de empezar a segunda fase” SALVA Ribadeo

“Dous erros acabaron desnivelando o partido. Temos que evitar que se repitan. A seguir loitando” IVÁN GAYOL Foz

Vitoria traballada do Castro

Borja culminou a remontada do dous a un a falta de catro minutos ante un San Ciprián que se adiantara cun gol de Diego Baltar

O Castro sumou os tres primeiros puntos en xogo no Provincial tras remontar o 0-1 co que o San Ciprián chegou ao descanso. Fly gañou a liña de fondo nunha internada pola banda esquerda e o seu pase atrás culminouno Diego Baltar. Os locais tamén puideron marcar antes do intermedio nun remate de Jorge ao pau e noutras dúas boas ocasións de Borja.
Na segunda metade, o Castro consolidou o seu dominio no partido en canto ao xogo pero os goles resistironse. Jorge conseguiu igualar o encontro cun golpeo desde fóra da área que entrou polo ángulo da portería no ecuador da segunda metade. Os locais embotellaron ao San Ciprián que, no cuarto de hora final, apenas puido saír da súa área. Con todo, o 2-1 non chegaría ata o 86, nun remate de Borja tras un córner.

“Recompensa por loitar ata o final. Toca seguir traballando porque esta fase vainos esixir ao máximo” BRAIS PRADOS Castro

“Non conseguimos adaptarnos nin ao terreo de xogo nin ás condicións meteorolóxicas” MADARIAGA San Ciprián

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu