Xusto reparto de puntos

En Liga Nacional, Xuvenil

O Rácing Villalbés sumou un punto en Bouzas, nun encontro marcado polas adversidades climatolóxicas e polo dominio en cada tempo dun dos dous conxuntos

Punto de moito mérito o conseguido polo Rácing Villalbés unha vez máis na Liga Nacional xuvenil. Nesta ocasión os de Cholas leváronse parte do botín en xogo nun partido marcado, como a maioría dos disputados esta xornada, polas adversas condicións climatolóxicas, pero tamén polo dominio dun dos equipos en cada tempo do encontro no que o vento favorecíalles.
Nos primeiros corenta e cinco minutos as mellores ocasións foron para o Rápido de Bouzas, especialmente unha cun disparo desde dentro da área nunha acción na que se luciu Clemente para despexar o balón. Pola súa banda o Villalbés, que replegado buscaba as contras por medio de David e Herrero, tivo a súa ocasión máis clara cunha internada de Santi Marín na que serviu un pase da morte a Herrero, que chegou a rematar, pero o seu disparo sacouno un defensa cando xa se cantaba o gol na expedición chairega.
Tralo paso polos vestiarios o Rácing tivo o vento a favor e con iso meteu ao Rápido de Bouzas no seu campo, xogándose practicamente a totalidade dos minutos en terreo rival. O porteiro local apenas podía sacar en longo e a presión do Villalbés era efectiva, polo que xerou varias ocasións claras nas que tan só faltou a guinda do gol.
Álex, David e Anxo, con disparos desde fóra da área, acariñaron o cero a un, mentres que o Rápido se achegou aos dominios de Clemente nalgunha acción illada a balón parado ante as que a defensa chairega luciu solidez.
Ao final, xusto reparto de puntos nun partido marcado pola choiva e sobre todo polo vento, que foi o principal protagonista.

Próxima xornada O Rácing Villalbés despedirá o 2018 en casa ao recibir no Roca ao colista da Liga Nacional xuvenil, o Lérez.

“Hemos estado muy serios en un partido muy condicionado por la climatología.Punto sacado a base de trabajo.Felicidades”
CHOLAS RC Villalbés

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu