Xa queda un día menos para a volta do Calasancio

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

Os monfortinos, que sempre xogaron en Galega, teñen o ascenso xa en mente

 

CALASANCIO 0 – AROUSA 4

A Liga Galega infantil perde esta tempada a un histórico. O Calasancio, ao descender a Provincial, deixa a súa praza na máxima categoría do fútbol infantil, unha competición na que xogou desde a súa creación, e era con Celta e Deportivo o único equipo.Co descenso xa consumado a conta atrás para volver á Liga Galega xa está activada e quédalle un día menos.
A despedida foi en Monforte nun partido no que o Arousa se xogaba a permanencia e fíxose valer a súa maior necesidade de puntos. Ademais as ausencias de Denís, Cereijo e Lamús condicionaron un encontro no que o Calasancio honrou á competición e deu a cara unha vez máis pese a que o acerto e a contundencia nos metros finais correron a cargo do equipo que máis necesitaba os puntos, o Arousa.
Ao descanso o marcador era de cero a un e na segunda parte, nada máis empezar, chegou o cero a dous co que o encontro quedou practicamente visto para sentenza, pero o cero a catro final se antolla excesivo no Álex Blanco.

 

“Orgulloso de este grupo. Estoy seguro de que volveremos más pronto que tarde a esta competición” MANU RODRÍGUEZ CP Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu