Viveiro cotiza á alza

En Liga Galega, Xuvenil

Terceira xornada consecutiva sen perder  e segunda vitoria seguida no Marcos Gómez tras impoñerse con contundencia ao Caranza

O Viveiro segue cotizando á alza tras sumar o seu terceiro partido sen perder e alzarse coa segunda vitoria consecutiva no Marcos Gómez ao impoñerse por catro goles a cero ao Galicia Caranza, un rival que incomodou nos primeiros minutos cun fútbol directo que contrarrestou pola vía rápida o Viveiro co un a cero.
Aos dez minutos Jorge executou unha falta lateral pegada ao córner que foi rexeitada, pero o balón caeulle a Pablo Chao e este cunha precisa volea inaugurou o marcador.
Antes Rubén xa empezou a ser determinante ao lucirse na primeira ocasión do encontro, pero co marcador a favor o Viveiro poboou o centro do campo, escondeu o balón e fixo que os ferroláns perseguisen sombras por momentos.
Rubén volveu aparecer no momento oportuno para evitar o empate xusto antes do descanso, sobre todo porque na xogada seguinte Yago asistiu a Borja nun centro de Macly ao segundo pau para levar o marcador ata o dous a cero no intermedio.
Antonio Serrano incidiu nos vestiarios en ter o balón e o Viveiro fíxoo á perfección ata sentenciar o encontro por completo.
Jairo puxo o tres a cero no marcador tras un regate e disparo ao fondo das mallas, mentres que Jorge, cun xenial xiro desde a frontal da área, sentenciou o partido por completo co catro a cero.
Na recta final algunha lagoa propiciada pola falta de relaxación, fixo que Rubén continuase sendo un coloso ante os dianteiros do Galicia Caranza.

Próxima xornada Duelo de alturas para os de Antonio Serrano a próxima xornada na Coruña ante o Montañeros, nun partido no que os celestes poden engancharse ao tren de cabeza e confirmar as boas sensacións que están deixando neste tramo de tempada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu