Viveiro B, Residencia B, Ribadeo e Burela gañan. Xove Lago e Pontenova empatan a un gol

En Grupo Norte, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

O Viveiro volve sorrir en Outeiro

 

OUTEIRO 1 – VIVEIRO B 3

O Viveiro volveu á senda da vitoria no Municipal de Outeiro de Rei. Despois dunha derrota e un empate nas dúas últimas xornadas, venceu e convenceu, ante o Outeiro o pasado sábado pola mañá.
O mellor Viveiro viuse na segunda parte, tras o un a tres, cando exhibiron o seu mellor xogo combinativo, creando ocasións que non materializaron.
Na primeira parte o partido estivo máis equilibrado. Se ben os celestes monopilizaban a posesión non conseguían xerar ocasións claras ante un Outeiro que tivo a sorte de cara no un a cero, anotado en propia meta no ecuador da primeira parte. Pouco despois, Borja empatou o encontro ao rematar un centro de Davizolo dende a banda. Outra xogada desafortunada, desta volta na área do Outeiro, rematou cun gol en propia tras unha falta lateral botada por Bruno. O un a tres no marcador definitivo chegaría no inicio da segunda metade, nunha xogada combinativa que Íñigo rematou dentro da área, en segunda opción.
A vindeira xornada, o Outeiro medirase ao Spórting Pontenova na Mina, mentres que o Viveiro recibirá ao Castro no Cembedo.

 


 

A Residencia B asaltou Montirón nun partido no que foi de menos a máis

 

POLVORÍN B 1 – RESIDENCIA B 4

A Residencia B levouse os tres puntos de Montirón con autoridade tras impoñerse por un gol a catro ao Polvorín no duelo de filiales. Os de Adrián Suárez foron de menos a máis, xa que os primeiros minutos foron de tenteo entre ambos conxuntos.
A partir do cuarto de hora inicial os da Cheda deron un paso á fronte e plasmárono no marcador con dous goles antes do descanso. O cero a un foi obra de Mario e o cero a dous asinouno Tei.
Xa na segunda parte o Polvorín B quixo recuperar o tempo perdido e recortou distancias no marcador aos tres minutos nunha acción de pillería na que Álex aproveitou o saque rápido dunha falta.
Tras uns minutos de incerteza, Míchel, á saída dun córner, devolveu a calma a unha Residencia B que a partir de aí dominou e sentenciou o partido co definitivo un catro por medio de Tei na recta final.

 


 

A Pontenova mereceu máis

 

XOVE LAGO 1 – PONTENOVA 1

Reparto de puntos con peor sabor para a Pontenova, que despregou un gran xogo. Os visitantes superaron ben a primeira liña de presión e atoparon despois espazos para diagonais e balóns á espalda da defensa. Seguros atrás cun Diego que protagonizou a parada do partido, ante un tiro fortísimo de David Lado, aos de Andrés Bouza só lles faltou finalización.

 


 

O Castro plantou cara ao líder

 

CASTRO 1 – RIBADEO 2

O Castro non se enrrugou ante un Ribadeo invicto e cun so gol en contra.  Os ribadenses adiantáronse cun  tanto de Adrián Barrera, pero Lage igualou o encontro pouco despois. Á beira do descanso chegaría o segundo gol visitante, nunha falta lateral botada por Alberto. O marcador xa non se moveu nunha segunda parte de poder.

 


 

O Burela volve á Liga enchufado

 

BURELA 7 – FERROVIARIA 0

Tras o punto cedido ante o Lourenzá, e despois da xornada de descanso, o Burela volveu á competición co paso firme, Iago abriu o marcador cando aínda non se disputara un minuto de partido rematando no segundo pau unha xogada pola banda de Borja. Os goles seguiron chegando aos poucos, ata o 5-0 co que se chegou ao descanso, Nunha segunda metade de trámite os locais seguiron aumentando a súa renda.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu