Vitorias pola mínima de Milagrosa e Burela e cómodos triunfos de Resi e Ribadeo

En Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Milagrosa recupera o sorriso

 

SAGRADO C. 0 – MILAGROSA 1

Logo de dúas derrotas consecutivas o conxunto da Frigsa volveu á senda da vitoria tras un triunfo pola mínima ante o Sagrado Corazón, nun encontro moi disputado que puido caer para calquer lado.
Dende o inicio houbo intercambio de golpes, por medio primeiro dunha Milagrosa que se puido adiantar con varios centros que buscaban a Anxo e Miguel. Mediada a primeira metade Muinelo avisaba do perigo local cun lanzamento que se estrelaba no pau, pero sería Alvaro, cun disparo coa zurda, o que adiantara aos albivermellos a quince minutos para o descanso.
O gol deu aire e confianza á Milagrosa, que chegou mellor á segunda metade e soubo sufrir para manter a renda mínima durante os segundos corenta e cinco minutos, nos que Dani, porteiro en idade cadete, salvou aos de Couso cunha gran intervención na ocasión máis clara do Sagrado para poder empatar o encontro.
Con esta vitoria a Mila suma catro e ocupa a cuarta posición, cun partido menos que o Palas, terceiro.

 


 

Set en blanco da Residencia, que segue o seu camiño impecable no Provincial

 

RESIDENCIA 6 – CASTRO 0

Partido sen historia na Cheda, no que a Residencia impuxo a súa superioridade dende os primeiros minutos ante un Lourenzá que non consegue atopar a súa mellor versión nesta fase.
Cumbraos adiantaba aos locais cun lanzamento de falta directa no minuto quince, e antes do descanso Diego Revuelta e Diego Alvariño facían o 3-0 que encamiñaba a vitoria. Nunha segunda metade de mero trámite os branquiazuis redondearon o resultado ata o definitivo 6-0.
A vindeira fin de semana os de Dani Galán visitan os Chacotes. O Lourenzá recibe en Santa Cruz ao Sagrado.

 


 

Vitoria do Burela na Marosa no tempo de desconto cun gol en propia porta 

 

PORTO BURELA  1 – PALAS 0

Despois de tres xornadas o Burela volve sumar de tres en tres cunha pizca de sorte, xa que o gol da vitoria ante o Palas chegou con tempo xa cumplido e foi obra dun xogador da Ulloa, no seu intento por despexar un balón na área.
O Palas viña de gañar o venres pola tarde un encontro aprazado ante o Castro, e pese a que os de Luis Mato aguantaron durante toda a primeira parte, tralo descanso acusaron o cansazo e os mariñaos fóronse arriba en busca dunha necesaria vitoria que os mantivera na segunda praza, con 17 puntos e a cinco do Palas, cun partido menos.

 


 

O Ribadeo varreu a un Lourenzá que gañaba cero a un ata a media hora inicial

 

SD RIBADEO 9 – LOURENZÁ 1

Segunda vitoria consecutiva e terceira xornada seguida na que o Ribadeo puntúa no Provincial xuvenil. Na última cita os de Salva gustáronse ante o Lourenzá no Pepe Barrera, nun encontro no que o os visitantes diluíronse co paso dos minutos tras unha gran posta en escena.
Manu adiantou aos laurentinos ao cuarto de hora, e ata os de Diego Rego dispuxeron de ocasións para o cero a dous. Con todo, á media hora chegou o empate a un e acto seguido o dous a un, ambos goles asinados por Adrián Barrera, mentres que Jorge fixo o tres a un antes do descanso. Xa na segunda parte a diferenza foise aumentando co paso dos minutos ata o 9-1 final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu