Vitorias dos tres equipos do podio e da Sarriana, que sobe ao cuarto posto

En Grupo Sur, Infantil, Infantil Autonómica

Un partido de fútbol base en maiúsculas

 

SAGRADO CORAZÓN 1 – BECERREÁ 1

O duelo da zona media da táboa entre Sagrado Corazón e Becerreá saldouse con empate a uns. Un partido cunha parte para cada equipo no que os visitantes adiantábanse na primeira e os branquiazuis facían o gol que supoñía o xusto reparto de puntos a catro minutos para o final.
De primeiras os plantexamentos eran claros. O Sagrado buscaba sacar o balón dende atrás, e o Becerreá, cunha presión alta, trataba de frear o xogo combinativo do conxunto local, que pese a superar a primeira liña non atopaba espazos unha vez no medio campo. De aí que os de Nico tiveran as mellores ocasións nos primeiros corenta minutos e que fixeran o primeiro gol nunha contra, mediada a primeira metade, tras unha triangulación entre Hugo e Higinio que finalizaba Carlos cunha vaselina para deixar o marcador ao descanso co momentaneo 0-1.
Tralo paso polos vestiarios os de Fran Fernández soltáronse máis e xogando moito mellor avisaron co gol con dous disparos ao pau de Carlos e Jose e un lanzamento de Adrián que detivo Iago. Non sería ata o minuto 76 cando chegara o merecido tanto para o Sagrado, unha moi boa xogada combinativa que comezaba nos pés de Mario e finalizaba David San Emeterio para arrincar así un punto que deixa aos branquiazuis con oito e ao Becerreá con dez e dous partidos menos.

 


 

A lóxica imponse no derbi da Cheda

 

AT. ABUÍN 0 – RESIDENCIA A 4

A Residencia segue no primeiro posto do Grupo Sur trala vitoria esta fin de semana ante o irmán pequeno, o Abuín, no derbi desta xornada entre os clubs da Cheda. Os de Kaiser monopolizaron a posesión e co paso dos minutos as ocasións foron transformándose en goles de Jorge, Pablito e Manu C., por partida dobre, para pechar o partido co 0-4 final e seguir así con pleno de puntos.

 


 

Gañou o equipo que máis ofreceu

 

RC VILLALBÉS A 2 – PIRINGALLA 0

O Villalbés impuxo o seu ritmo na segunda metade para levarse os tres puntos ante a Piringalla tras unha primeira moi igualada na que calquera dos dous equipos puido poñerse por diante. Álex, cun golazo pola escuadra, facía o primeiro para os racinguistas. Aí a Piringalla viuse abaixo e Michael aproveitou para facer o 2-0.

 


 

A diferenza física foi insalvable

 

MILAGROSA B 11 – ANTAS 0

A Milagrosa B impúxose en Frigsa nun duelo desnivelado polo físico, determinante neste tipo de encontros nos que se miden conxuntos formados para loitar polo título Provincial e o ascenso con outros que están en plena formación. Malia o avultado do marcador final o fair play entre ambos equipos e entidades é digno de apuntar.
Nos deportivo a Milagrosa puxo terra polo medio dende os primeiros minutos co seis a cero co que se chegou ao descanso.

 


 

Rubén e Javi valen un cuarto posto

 

SARRIANA 2 – CASÁS 0

Os goles dos sarriaos déronlle a vitoria na Ribela aos locais, que soben á cuarta plaza que ata agora ocupaba Casás. Os de Aarón tiveron as mellores ocasións nos primeiros minutos, pero Javi adiantaba á Sarriana pouco antes do descanso. Na segunda metade Rubén facía o 2-0, e a solidez defensiva dos de Raúl mantivo o resultado.

 


 

Seis puntos en tres encontros

 

POLVORÍN B 5 – PALAS 1

O Polvorín B encarrilou na primeira parte a súa segunda vitoria en tres partidos. Co 2-0 ao descanso Dani facía o terceiro na reanudación e o Palas recortaba distancias por medio de Tomás e gozaba dos seus mellores minutos antes de que Reigosa e Manu C. sentenciaran pouco antes do asubío final.

 


 

Brais dá a segunda vitoria ao Ribela

 

RIBELA 1 – FERROVIARIA A 0

Tras unha primeira parte moi parella na que a Ferroviaria puido adiantarse nun man a man de Martín que sacou Alvaredo, na segunda os locais atoparon portería grazas a unha contra que finalizaba Brais tras un centro lateral. O porteiro do Ribela tamén foi clave nos minutos finais, salvando outro un para un dos da Frigsa.
A vindeira fin de semana os de Turuta visitan á Piringalla mentres que a Ferro recibe ao Sagrado Corazón.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu