Vitorias de Sarriana, Polvorín, Becerreá, Monterroso e Sagrado Corazón

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Sur Cadete Autonómica

A Sarriana gaña con chispazos na Frigsa

 

FERROVIARIA 0 – SARRIANA 6

A Sarriana levouse os tres puntos de Frigsa para encarar con moral o próximo encontro ante o Polvorín na Ribela nun duelo de aspirantes ao título Provincial.
En Frigsa os de Pedro exhibiron o seu potencial ofensivo cando máis atascados estaban no seu xogo. O cero a un chegou tras unha acción de Abella que culminou Portillo, e antes do descanso o propio Abella, que finalizou o encontro cun póker de goles, fixo o cero a dous.
Tralo intermedio o encontro perdeu en intensidade co carrusel de cambios por parte de ambos conxuntos, pero Abella continuou afinando o seu punto de mira de cara aos próximos compromisos nos que a Sarriana medirá as súas forzas ante rivais que aspiran ao mesmo obxectivo.
Tres goles do nove sarriao na segunda parte levaron o marcador ata o cero a cinco, mentres que Prieto pechouno no último minuto co definitivo cero a seis.

 


 

O Polvorín afinou a posta a punto de cara a próxima xornada na Ribela

 

ABUÍN 1 – POLVORÍN 4

O Polvorín quixo afinar a súa posta a punto de cara ao encontro da próxima xornada na Ribela ante a Sarriana, pero aos de Caballero non lles saíu de todo ben o plan, especialmente na primeira parte na que o Abuín, tras adiantarse no marcador cun gol de César de falta, tivo por momentos o partido controlado.
Os de Montirón abusaron das conduccións ante un rival ordenado en repliegue e que saía rápido á contra.
Antes do descanso a pegada sacou dun problema ao Polvorín para levar o marcador ata o un a tres ao final da primeira parte cos goles de Jorge Reigosa e de Diego Torres, este por partida dobre.
Xa no segundo tempo, dez minutos bos chegáronlle ao Polvorín para sentenciar o partido co un a catro que subiu ao marcador Óscar antes de que as forzas se volvesen a igualar ata o final do encontro.

 


 

O Becerreá segue nun momento doce

 

ANTAS 0 – BECERREÁ 14

O Becerreá sumou no Castro Seoane de Antas a súa segunda vitoria consecutiva nas que os de Antón Méndez asinaron 21 goles a favor e ningún en contra tras impoñerse a pasada xornada por sete goles a cero ao Ribela e nesta por catorce ao Antas nun partido desnivelado dende os primeiros minutos pola superioridade física e técnica dos visitantes, polo que a diferenza foise ampliando co paso do partido.

 


 

O Monterroso tivo máis efectividade

 

RIBELA 0 – MONTERROSO 3

O Monterroso tivo máis pegada nos minutos nos que foi superior, mentres que o Ribela non puido concretar ningunha ocasión cando estivo máis metido no encontro.
Os visitantes tomaron o mando de inicio e Artai inaugurou o marcador á saída dun córner. Despois mellorou o Ribela, pero sen marcar. Xa na segunda parte, Iván e Gabriel puxeron terra polo medio no marcador.

 


 

Remontada so Sagrado Corazón

 

PALAS 3 – SAGRADO CORAZÓN 4

O Sagrado Corazón remontou un partido que tivo moi costa arriba. Primeiro co momentáneo 2-0 co que se adiantou un Palas que tivo unha gran posta en escena. Antes do descanso chegou o 2-1. Tralo intermedio o Palas volveu pegar co 3-1 pero na media hora final o Sagrado Corazón deulle a volta ao marcador con tres goles para asinar o definitivo 3-4 no Castro Seoane.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu