Vitorias de Residencia, Sarriana e Ribadeo en cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Principal, Provincial

Ribadeo foi mellor nas áreas

 

POLVORÍN 1 – RIBADEO 2

Por un axustado 1-2 os de Suso Coto leváronse os tres puntos de Montiron, nun partido moi igualado que se decidiu polo maior acerto de cara a portería dos ribadenses e a súa seriedade en defensa. Pola súa banda o Polvorín non consegue atopar a fórmula nesta segunda fase, na que tan só suman un punto pese a que, polo xogo despregado, os amarelos merecen máis.
O encontro estivo equilibrado dende o inicio, con moita intensidade en mediocampo e sen ocasións claras ata o 0-1, un gol que asinaba García ao aproveitar un balón longo. A partir de aí o Ribadeo optou por dar un paso atrás, e pese a que o perigo do Polvorín chegaba a balón parado, a seriedade da zaga mariñá non permitiu ningún susto durante os primeiros corenta minutos.
Tralo paso polos vestiarios os cambios no conxunto amarelo reactivaron ao equipo, pero o Ribadeo castigaba a falta de precisión nos últimos metros dos locais co 0-2 de Casanova.Con tempo por diante Óscar recortaba distancias, e na última do partido Javi acariñou o empate cun cabezazo que se foi por riba da portería, pero o marcador xa non se movería.

 


 

A Residencia xogarase o liderado en solitario ante a Milagrosa na Frigsa

 

RESIDENCIA 4 – XOVE LAGO 1

A Residencia presentarase en Frigsa a próxima xornada na primeira gran cita da tempada nun bo estado de forma. O que exhibiu ante o Xove Lago na Cheda e co que os de Adrián Suárez fixéronse cos tres puntos con autoridade.
Aos oito minutos chegou o un a cero cun gol de García, e ao descanso o marcador xa era de tres a cero logo dos goles de Hernández e Conde en pleno dominio local.
Nada máis empezar a segunda parte Kiko fixo o catro a cero co que o encontro quedou sentenciado, e co que a Residencia empezou a pensar na próxima xornada na que se medirán coa Milagrosa en Frigsa, nun partido no que estará en xogo o liderado do Provincial cadete.
En Xove puido asomarse máis en ataque na segunda parte, na que Sanmiguel estivo acertado e Diego maquillou o marcador final desde o punto de penalti.

 


 

A Sarriana logra o primeiro triunfo na Ribela

 

SARRIANA 2 – SAGRADO C. 0

A Sarriana sumou a súa primeira vitoria no Provincial nun partido no que o Sagrado competiu ben, aínda que a pegada e o dominio correron a cargo dos locais.
A primeira parte terminou co cero a cero inicial, tras corenta minutos nos que a Sarriana levou o peso do xogo e dispuxo das ocasións máis claras. Pola súa banda os de Dani Díaz esperaban o seu momento á contra ou buscaban o gol nalgunha acción ofensiva a balón parado sen perigo para Édgar.
O tarro das hostilidades abriuse na segunda parte, cunha versión máis intensa da Sarriana coa que Abella rozou o un a cero antes de que o asinase Hamza. O Sagrado acariñou o empate, pero se lle anulou un gol por fóra de xogo de Jony Rodríguez, mentres que no tramo final Abella dispuxo doutra clara ocasión antes de sentenciar o encontro co definitivo dous a cero no tempo de desconto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu