Vitoria coa versión de equipo de inicio de curso

En División de Honra, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil superiores

Os de Dani Galán volveron a saborear os tres puntos na máxima categoría tras cinco xornadas sen gañar. Unha vitoria que chegou ao recuperar o Lugo a versión de inicio de tempada exhibíndose coma un equipo compacto, con dominio do partido e que foi madurando o encontro ata sentencialo con claridade na segunda parte.
Dende os primeros minutos os alvibermellos quixeron e conseguiron ser os protagonistas do encontro a partir da posesión ante un Arosa que igualaba marcas por dentro polo que o Lugo buscou superioridades por banda, especialmente pola dereita con Dani García moi incisivo sacando centros aos que tan só lle faltou a guinda do remate certeiro.
Ayman, cun remate á cruceta de volea estivo a punto de inaugurar o marcador pero esto sería cousa de Antón, ao rematar un centro de Freire no desenlace final dun primeiro tempo no que o debutante Jorge apenas se tivo que emplear baixo paus.
Xa na segunda parte o Lugo puxo un anzol no que picou o Arosa, tras durmir un pouco o xogo agardando que os visitantes adiantasen liñas, e fixérono, pero tamén o pagaron con dous goles.
Dani García serviu prácticamente en bandexa o 2-0 a Hugo Gacía mentras que Jorge, tras evitar a entrada do porteiro visitante fora da área, pechou o marcador co definitivo 3-0.

 

“ENTRAMOS CON CONFIANZA Y ESO SE TRADUJO EN UN BUEN PARTIDO EN LÍNEAS GENERALES” DANI GALÁN – CD Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu