Varios equipos do grupo sur a piques de confirmar a súa presenza no Provincial xuvenil

En Grupo Sur, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Resi, preto da Segunda Fase

 

RESIDENCIA 6 – SARRIANA 0

Nova vitoria da Residencia, que de conseguir un punto a vindeira fin de semana podería confirmar o seu pase ao Provincial, ante unha Sarriana que pese a comezar ben a tempada nestas últimas xornadas non atopa o seu xogo e esta negada de cara ao gol.
Na Cheda os de Dani Galán solventaron o partido pola vía rápida, moi enchufados e coa idea de adiantarse xa nos primeiros minutos os branquiazuis cumpriron o plan á perfección. Veloso facía o primeiro no minuto dez e, en tan só cinco minutos, Begonte asinaba o seu doblete que supoñía o 3-0, resultado co que se chegaba ao descanso.
Na segunda metade viuse a mellor versión da Sarriana, que saíu a presionar a saída de balón da Resi, o que desmantelou aos locais ata o último tramo do encontro no que Artai e Veloso, con dous goles máis, subían ao marcador o definitivo 6-0.
A vindeira fin de semana os da Cheda buscarán puntuar ante a Mila, segunda clasificada, para selar o seu pase á próxima fase. A Sarriana pola súa banda intentar revertir a mala xeira de resultados na Ribela ante o Becerreá.

 


 

A Mila remonta o gol inicial do Taboada para facerse cos tres puntos tralo descanso

 

TABOADA 1 – MILAGROSA 4

Á Milagrosa custoulle adaptarse ás dimensións do Castro Seoane nos primeiros minutos do partido ante o Taboada, algo que aproveitaron os locais para adiantarse por medio de Adri. Pouco a pouco os albivermellos fóronse asentando no campo e antes do descanso Marco facía o gol do empate. Xa na segunda metade o Taboada acusou o cansazo á vez que a Mila mostraba a súa mellor versión para sentenciar con goles de David L., Martín e o cadete Buján.
A vindeira xornada o Taboada vista Quiroga. Os de Joaquín poden confirmar o seu pase ao Provincial de conseguir unha vitoria ante o líder, a Residencia.

 


 

Hat-Trick de Xesús para que o Palas poña rumbo fixo cara o Provincial

 

PALAS 3 – QUIROGA 0

Tres goles nos primeiros vinte minutos do dianteiro da Ulloa encamiñaron a vitoria dos locais, que saíron con todo de inicio para sentenciar o antes posible. A amplitude do xogo ás bandas foi letal, xa que os tres tantos foron aproveitando centros laterais.
Tralo 3-0 o Quiroga quitouse a presión e disfrutou dos seus mellores minutos sobre o campo, e moi seguros en defensa evitaron que o Palas vira de novo porta.
A próxima fin de semana os de Luis Mato poden ser xuíces do grupo sur. Enfróntase ao Polvorín, quinto clasificado, e de gañar deixarían practicamente configurados os catro primeiros postos da clasicación.

 


 

O Becerreá acada a súa terceira vitoria

 

BECERREÁ 3 – SAN ROQUE 1

Os de Antón Méndez foron moi superiores durante os noventa minutos a un San Roque que mostrou a súa peor cara no Municipal. Damián e Javi avisaban con dúas ocasións e eles mesmos creaban a xogada do 1-0 co que se chegaba ao descanso. Na segunda metade Jose e de novo Javi facían o segundo e o terceiro antes de que Mauro marcara o gol da honra para o San Roque.

 


 

O Sagrado depende de si mesmo 

 

MONTERROSO 1 – SAGRADO CORAZÓN 4

Quinta vitoria da tempada para o Sagrado, que segue na cuarta posición e depende de si mesmo para clasificarse ao Provincial. Os de Brais tiveron que remontar o gol inicial do Monterroso, que na primeira parte mereceu algo máis aínda que ao descanso o resultado era de 1-1. Na segunda parte o Sagrado asentouse no campo e mostrouse moi superior, sentenciando o partido con tres goles máis.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu