Vacacións anticipadas no Lugo B

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

A relaxación lucense en Vilagarcía de Arousa desencadenou no único borrón do espectacular treito final de tempada co que acadaron a permanencia con suficiencia

 

AROSA 5 – CD LUGO B 1

O Lugo B tomou unha semana antes de tempo unhas vacacións, que pese a chegar con antelación, son moi merecidas.

O espectacular sprint final de tempada do Lugo B tan só tivo este borrón ante un equipo xa descendido que quixo despedirse da Liga Nacional xuvenil cunha alegría e fíxoo ao grande tras impoñerse por cinco goles a un.
O vento condicionou o partido desde os primeiros minutos nos que xa se palpaba no ambiente que sería un partido incómodo para o Lugo B.
Co Arosa máis intenso e adaptado ao campo e o vento, o un a cero non tardou en chegar e tras algunha chegada illada, ao cuarto de hora o Arosa inaugurou o marcador.
Á media hora chegou o dous a cero e no tramo final da primeira parte os locais cheiraron sangue e foron directos á ferida lucense para sentenciar o encontro con dous goles máis para chegar ao descanso con catro a cero no marcador.
No vestiario Mourelos reactivou aos seus e o Lugo B tivo unha boa posta en escena chegando a recortar distancias cun novo gol de Álex Ramos e dispoñendo de varias ocasións para poder soñar con meterse de novo na loita polos puntos, pero o Arosa, co cinco a un final, sentenciou o encontro por completo.

 

“Sembramos 1 quilo de confianza, respeto e humildade e recollemos unha tonelada. Grazas deportistas e grazas Diego Cabo”MOURELOS CD Lugo B

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu