Unha xornada redonda para os intereses do Calasancio infantil

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur, Principal

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Necesitamos hacer un último esfuerzo para estas últimas cinco jornadas”

VILA DE MARÍN 0 – CALASANCIO 8

O Calasancio sae reforzado desta xornada para afrontar as últimas cinco con todas as espadas no alto para manterse na Liga Galega infantil unha tempada máis. Os de Carlos Fontal cumpriron co guión previsto en Marín ante o último clasificado, pero ademais tiveron de cara outros resultados.
O empate entre Bouzas e Alertanavia é propicio para os intereses do Calasancio e a renda de oito goles dalles momentaneamente o golaverage xeral a favor cun Bouzas ante o que teñen o particular empatado tralo dous a dous da ida e da volta.
A permanencia agora quédase a só dous puntos pero a marxe de erro é mínima xa que Alertanavia e Bouzas aínda teñen que xogar ante Marín, un equipo que non puntuou nesta segunda fase.
Conscientes da importancia dos tres puntos, o Calasancio saíu enchufado e no primeiro minuto David inaugurou o marcador. A partir de aí o dominio foi claro, pero o campo estaba moi encharcado polo que o xogo non foi do todo vistoso. Pese a iso, Xoel Irimia, Cereijo e Díaz levaron o marcador ata o cero a catro ao descanso.
Na segunda parte Álex, Nodar, Adrián e Nico foron os autores dos goles, oito en total que levaron a firma de oito xogadores distintos neste encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu