Unha vitoria de máis de tres puntos do Lugo

En Infantil, Liga Galega Infantil

Duelo directo por unha praza entre os oito mellores equipos da Liga Galega infantil

O Lugo sae reforzado desta dobre xornada tras sumar os seis puntos en xogo. Os tres primeiros ante o Riveira, o xoves, e, os últimos, ante o San Tirso nun duelo directo por entrar no corte dos oito mellores. Un obxectivo que o Lugo ten na súa man a falta de dúas xornadas, xa que tan só o Lalín podería apartar aos lucenses aínda que estes perdesen os dous encontros restantes cunha carambola.
O pase estaba ante o San Tirso e o Lugo tomou o touro polos cornos disputando unha das mellores primeiras partes da tempada. Os de Dani Galán estiveron ben con balón, serios en defensa e con proxección e pegada en ataque.
Marco foi un pesadelo para a defensa local e Ayman o encargado de executar ao San Tirso con dous goles. Dous golazos tras senllas accións de nove puro.
Co partido baixo control os locais intentaron reaccionar na segunda parte, dispoñendo dun par de ocasións para recortar distancias pero as máis claras dos segundo corenta minutos foron para o Lugo que, pese a non ter tanto control do xogo, xerou moito en ataque.

“En la segunda parte nos faltó tener un poquito más de calma con el balón en nuestro poder” DANI GALÁN CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu