Unha tempada máis con obxectivos cumpridos

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

CHOLAS – RC Villalbés

“Gracias a todos los jugadores por su gran compromiso durante la temporada, y a Nanito y Freire por su gran trabajo”

RC VILLALBÉS 3 – RC FERROL 2

Coa formación de xogadores para o club e coa premisa de manter a categoría empezou a tempada para o Rácing Villalbés. Os de Cholas, unha vez máis, cumpriron os obxectivos marcados aínda que a próxima tempada xa empezou, ao ter que reinventarse os chairegos como estes últimos cursos.
A proxección individual foi moi alta en moitos xogadores que a próxima tempada buscarán un oco no equipo da Liga Nacional xuvenil. En canto ao grupo, o Villalbés, malia darlle unha emoción extra á recta final de tempada, sempre estivo fóra dos postos de descenso e alcanzou a permanencia con varias xornadas de antelación.
Na última cita recibiron ao Rácing de Ferrol B, que se viu superado no Roca. O un a cero naceu nunha falta sacada por Azael que rematou David á escuadra.
Xa na segunda parte os visitantes empataron nos primeiros minutos, pero Diego fixo o dous a un ao culminar unha xogada de Santi pola esquerda.
As ocasións sucedéronse, pero de novo o Ferrol B empatou cun rigoroso penalti. O Villalbés foi ambicioso e quixo a vitoria, unha aposta que saíu ganadora co gol de Abel ao aproveitar un rexeite no último minuto de xogo.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu