Unha Milagrosa de dez mantén con vida o soño do ascenso

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica, Principal

MADRILES – Milagrosa

“Enhorabuena a todos por el esfuerzo realizado. El equipo se merece estar en la siguiente fase, pero aún no hemos conseguido nada”

MILAGROSA 2 – NARÓN 1

A Milagrosa está cada vez máis preto de espertarse do soño na Liga Galega infantil. Os de Madriles gañáronse a pulso estar na última rolda, na que se medirán co Lalín tras eliminar ao Narón na Marosa logo dun partido para enmarcar.
A Milagrosa executou á perfección todo os ensaiado nos adestramentos. De inicio, sorprendeu ao Narón cunha presión alta moi efectiva coa que xeraron as primeiras ocasións tras dous saques de esquina.
O Narón demostrou que non estaba de paso e tamén tivo unha clara nun man a man, no que Borja se fixo grande e obrigou a un dianteiro rival a rematar alto. Aos vinte minutos a Milagrosa adiantouse no marcador cun gol de Rafa, e o propio Rafa, que empezou o encontro máis atrasado do habitual, tivo o dous a cero antes do descanso.
As boas sensacións continuaron para os de Madriles tralo paso polos vestiarios. De novo Rafa acariñou o gol, esta vez cun remate ao pau. A Milagrosa merecía máis premio, e o fútbol foi xusto.
O dous a cero chegou no ecuador deste segundo tempo, ao aproveitar Rafa un pase ao espazo de Juan, enviando o balón ao fondo das mallas tras regatear ao porteiro.
Como era de esperar o Narón veuse arriba esacou ata cinco cornes consecutivos, pero a defensa lucense estivo por encima de todas as expectativas.
A Milagrosa apelou á forza do grupo e os minutos pasaron con dous a cero no marcador ata que, a cinco para o final, o Narón meteuse de cheo na loita pola eliminatoria ao transformar un penalti.
A tensión apoderouse de todos na Marosa, pero a Milagrosa, coa cabeza máis fría, aguantou o tipo nun final de partido de infarto no que conseguiron a clasificación e gañáronse a pulso estar na última rolda da fase de ascenso á Liga Galega infantil, na que se medirán co Lalín nunha eliminatoria a dobre partido.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu