Unha de area e outra de cal para o Polvorín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Cuando no se está con la actitud necesaria todo es mucho más difícil”

EF POLVORÍN 1 – IMPERÁTOR 3

A peor versión do Polvorín nesta segunda fase chegou no momento menos idóneo. Xa que os de Caballero, tras gañar entre semana ao Once Caballeros, tiñan a posibilidade de recortar puntos con Imperátor, equipo que marca a permanencia, pero os de Montirón non estiveron á altura neste partido.
O cero a un aos tres minutos marcou o encontro, xa que lle deu confianza aos herculinos, mentres que deixou nun mar de dúbidas e nervios ao Polvorín.
Nin o empate a un, que chegou moi pronto ao rematar Javi un saque de esquina, conseguiu variar o rumbo dun encontro que sentenciou o Imperátor antes de chegar ao descanso.
O un a dous, cando aínda non se disputaran os primeiros dez minutos, e o un a tres mediado o primeiro tempo, desnivelaron o marcador, o encontro e a clasificación.
Caballero intentou reactivar ao seu equipo no descanso, e en canto a actitude conseguiuno, xa que o Polvorín, ante a falta de lucidez, conseguiu competir mellor nos segundos corenta minutos.
Sen ter excesivas chegadas con perigo, ao Polvorín faltoulle ese gol que lles metese de cheo na loita polos puntos ante un Imperátor que tirou de solvencia na segunda parte para saír de Montirón cos tres puntos e cunha praza na Liga Galega infantil a próxima tempada.
O Polvorín medirase a domicilio co Amio na próxima xornada antes de disputar dúas dos últimos tres encontros como local.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu