Unha boa versión do Lugo B tívose que conformar cun punto

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RGUEZ – CD Lugo B

“Cumplimos todos os obxetivos que nos planteamos, pero o pouco acerto de cara o gol penalizounos”

BOIRO 1 – CD LUGO B 1

O Lugo B empatou o seu terceiro encontro consecutivo, de novo, tras un encontro no que mereceron máis premio, pero nesta ocasión a falta de definición nas numerosas ocasións que crearon e a eficacia do Boiro da man do ex xogador do Lugo Felipe, propiciaron o empate a un final nun encontro no que os de Bruno Rodríguez terminaron con menos control ao quedarse con dez xogadores trala expulsión de Nassim.
Ata entón a formulación era clara, formando de saída con 4-4-2 en repliegue para buscar as contras. Un plan que os lucenses executaron á perfección e co que se atoparon cómodos desde os primeiros minutos.
Rodri dispuxo da primeira ocasión e, acto seguido, antes do cuarto de hora inicial, Jesús acariñou o cero a un. O Lugo B atopábase cómodo, roubaba e tiña as ideas claras para saír á contra, especialmente pola banda de Álex, mentres que en defensa apenas pasaban por complicacións.
O Boiro tan só chegou nunha ocasión aos dominios de Brais e foi cunha falta afastada que prolongou un xogador local e Felipe, cun disparo afastado, asinou o inxusto un a cero co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte Jesús empatou nada máis empezou. A partir de aí chegou un carrusel de ocasións sen finalizar por parte do Lugo B, con uns para uns, remates claros e ata un gol anulado por dubidoso fóra de xogo a un Nassim que foi expulsado na recta final na que o partido abriuse e os dous equipos tiveron ocasións para gañar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu