Un respecto excesivo

En Cadete Superiores, Liga Galega Norte

A Milagrosa caeu ante o Deportivo B  nun encontro no que os de Madriles respetaron demasiado ao Deportivo B en Abegondo

A Milagrosa visitou Abegondo o pasado mércores para disputar un encontro adiantado da segunda xornada na Liga Galega cadete. A primeira saída para os de Madriles foi nunha das prazas máis complicadas da categoría, pero cun gran recordo para a Milagrosa xa que en Abegondo, fai tan só uns meses, os lucenses conseguiron o ascenso.
Nesta ocasión o rival e a situación eran distintos. Á Milagrosa deulle vertixe o escenario e o rival polo que o Deportivo B monopolizou a posesión do balón desde os primeiros minutos.
A Milagrosa estaba ben en defensa, acumulando moitos xogadores pero o coiro duráballes moi pouco aos de Madriles. Tras unha perda de balón chegou o un a cero e, pouco despois, o segundo dos herculinos que deixaba á Milagrosa moi tocada. Con todo, cando peor o pasaban os albivermellos, Yago apareceu por banda esquerda para bater ao porteiro local cun disparo raso e chegar ao descanso cun axustado dous a un no marcador.
As ilusións de reaccionar diluíronse na segunda parte co tres a un no primeiro minuto de xogo. A partir de aí, o monólogo local foi crecendo ata chegar ao definitivo seis a un no Mundo do Fútbol de Abegondo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu