Un punto que sabe a pouco

En Cadete Superiores, Liga Galega Norte

Ao Viveiro escapáronselle dous puntos no tempo engadido

O Viveiro quedouse ás portas da súa primeira vitoria tras merecer os tres puntos na Estrada nun encontro no que os de Luchi tiveron que repoñerse a distintos contratempos ata ver como os locais os privaban de dous puntos ao asinar o dous a dous final no tempo de desconto.
Ata entón, as formulacións de saída eran claras. O Estrada buscaba fútbol directo para impoñerse nas segundas xogadas, mentres que o Viveiro acumulaba moitos xogadores en campo rival, coa novidade de Trasi como referencia na punta de ataque.
Unha acción illada aos dez minutos de xogo cun pelotazo supuxo o un a cero, pero o Viveiro estaba mellor e froito diso estivo a piques de empatar cunha contra na que Jericó e Trasi non acertaron a culminar.
A arbitraxe tomaba tintes caseros aos poucos e Luchi foi expulsado por reclamar unha acción. Antes do descanso Trasi volveu dispoñer dunha clara ocasión pero a primeira parte terminou co un a cero.
Na segunda o Viveiro quixo ser e foi o protagonista. Os cambios déronlle un plus ao equipo e, tras varias chegadas, Huguito asinou o empate ao rematar un centro de Álex. Lonxe de conformarse o Viveiro culminou a remontada por medio de Bruno, autor do momentáneo un a dous.
O partido estaba controlado pero no desconto, un rebote tras un saque de esquina castigou en exceso ao Viveiro co dous a dous final.

También puedes leer!

O Burela está a oitenta minutos do ascenso

  BURELA 3 – NARÓN 2 O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao

Leer más...

Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e

Leer más...

A fortuna non estivo de cara

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu