Un Polvorín competitivo deu unha boa imaxe ante un gran Victoria

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Partido muy igualado en el que tuvimos nuestras opciones para poder puntuar”

POLVORÍN 0 – VICTORIA 1

O Polvorín segue facendo méritos para recoller máis froitos en forma de puntos dos que ten, pero a recompensa chegará se os de Caballero seguen por este camiño. Ante o Victoria, un dos mellores equipos que pasou esta tempada por Montirón, os lucenses tiveron opcións de puntuar ata o asubío final.
O Polvorín acusou o tempranero gol dos herculinos, que chegou tras unha acción na que faltou contundencia defensiva antes do cuarto de hora inicial. A partir de aí os de Montirón tiveron que remar contracorrente ante un rival con moita calidade e que escondeu o balón ao longo dos primeiros corenta minutos.
No descanso Caballero cambiou o rumbo do partido cun sistema que funcionou, pasando a un 4-1-4-1 co que o Polvorín tivo máis presenza con balón en campo rival. David estivo a piques de rematar un centro de Javi, e Juanma, cun disparo desde fóra da área, tamén acariñou o empate a un.
Xa na recta final o Polvorín, con defensa de tres e xogando directo, buscou o premio do gol ata o asubío final, pero atopouse cunha versión do Victoria moi sólida defensivamente e que mantivo a diferenza pola mínima ata o final do encontro.
Tralo parón o Polvorín viaxará a Santiago para medirse co líder invicto desta fase, que suma cinco vitorias consecutivas e tan só cedeu un empate nas oito xornadas que disputou.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu