Un paso atrás do Polvorín para coller carreira de cara aos próximos encontros

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Estamos compitiendo en una Liga Gallega. Aquí los regalos se pagan con los tres puntos”

EF POLVORÍN 0 – SANTIAGO 3

O Polvorín deixou pasar unha boa oportunidade para sumar os seus primeiros puntos nesta segunda fase tras perder ante o Santiago de Compostela, un rival directo na loita pola permanencia.
De inicio o encontro estivo marcado pola lesión de Steven no quencemento e as ausencias de Diego Vázquez e Kaykhi. Pero unha vez que comezou a rodas o balón, as primeiras sensacións foron boas, xa que o plan previsto estábase executando á perfección.
Caballero incidiu en estar xuntos e esperar a que chegase a oportunidade sen cometer erros. Os primeiros minutos transcorreron polo libro, pero ao borde do cuarto de hora inicial unha perda no medio campo propiciou unha contra coa que os composteláns inauguraron o marcador.
Este gol cambiou o guión do encontro, pero aínda máis o fixo o cero a dous antes da primeira media hora tras un despiste defensivo en cadea.
Co partido costa arriba ao Polvorín faltoulle sorte para engancharse de novo, xa que tivo un penalti que non materializou e no rexeite Juanma estrelou o balón no poste.
Na segunda parte Caballero esgotou as posibilidades con defensa de tres. Jose tivo a ocasión máis clara pero o Santiago resistiu e ata ampliou a diferenza no tempo de desconto.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu