Un Lugo B de récord chega por primeira vez aos 51 puntos na Liga Galega cadete

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“La constancia, a pesar de empezar perdiendo, dio sus frutos en la segunda parte”

CD LUGO B 5 – BERTAMIRÁNS 1

O Lugo B é posiblemente o equipo máis en forma do fútbol basee lucense. Os de Iván Alonso ademais son unha xeración de récord no club desde que compite na categoría de prata do fútbol cadete, unha vez que a falta de sete xornadas para o final xa superaron a mellor clasificación dun equipo filial na Liga Galega cadete, que databa da 2011-2012 cando finalizaron na sétima posición con 50 puntos.
O estado de graza polo que atravesa o equipo, tras sumar 15 dos últimos 18 puntos en xogo, fíxose notar desde os primeiros minutos nos que as dúas formulacións foron as esperadas.
O Lugo B quixo o balón e o Bertamiráns B apostou por un fútbol máis directo. Os visitantes adiantáronse no marcador cun lanzamento de falta rexeitado, pero en segunda acción o Bertamiráns B fixo o cero a un ao filo do cuarto de hora inicial.
Lonxe de variar o guión inicial de partido, o gol visitante reafirmou as formulacións. O Lugo B continuou ao seu, co mando do partido a partir da posesión e sen conceder facilidades atrás. Pese a iso, o Bertamiráns conseguiu chegar ao descanso con vantaxe no marcador.
Os segundos corenta minutos xogáronse na súa totalidade en campo rival. O Lugo B monopolizou a posesión e atopou espazos onde parecía que non os había cunha boa lectura do xogo entre liñas. A partir de aí as ocasións sucedéronse e con elas os goles. Mateo fixo o empate, Manu o dous a un, Samu o terceiro e o cuarto e a conta pechouna Brian cunha acción individual en pleno recital lucense.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu