Un gol no treito final deixou sen premio ao Viveiro

En Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“En este encuentro competimos como se puede esperar de nosotros”

LALÍN 3 – VIVEIRO CF 2

Partido con moitas alternativas, tanto no xogo como no marcador, no Manuel Anxo Cortizo de Lalín, onde os locais tiveron unha gran posta en escena da que o Viveiro saíu con vida. Despois dominaron os mariñaos, e no cara ou cruz final os de Antonio Serrano saíron mal parados ao encaixar o tres a dous na recta final do encontro.
Ata entón o Lalín superou con claridade ao Viveiro nos primeiros minutos. Unha media hora inicial na que o cero a cero era o premio máximo para os celestes tras evitar varios goles Andrés e a defensa. Antonio Serrano reaccionou e cambiou o debuxo táctico pasando a unha defensa de catro.
A partir de aí o Viveiro sacudíase un pouco o dominio do Lalín ata terminar con mellores sensacións a primeira parte tras inaugurar Uriol o marcador ao rematar un pase da morte de Macly cunha boa chegada desde segunda liña.
Uriol, o comodín do Viveiro, actuou nesta xornada como eixe en centro do campo con Xoel. Ambos dispuxeron das ocasións máis claras na recta final da primeira parte para poder ampliar a vantaxe.
Tralo descanso a posta en escena do Lalín volveu ser frenética e nesta ocasión con pegada, dándolle a volta ao marcador en apenas seis minutos. De novo o Viveiro empezou a crecer, como na primeira parte, e empatou cunha xogada similar á do primeiro gol, cos mesmos.protagonistas. Pero cando xa saboreaban un punto, o Lalín quedouse cos tres nunha acción polémica cun gol de falta que supuxo a expulsión de Antonio Serrano a falta de dous minutos para o final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu