Un gol de Conde mantén viva á Residencia na loita polo ascenso

En Cadete, Cadete Autonómica

ANTONIO GÓMEZ – Residencia

“Dimos el primer paso para poder seguir soñando con el ascenso a la Liga Gallega cadete”

RESIDENCIA 1 – VILLESTRO 0

Os cadetes da Residencia gañaron a primeira eliminatoria da fase de ascenso e seguen na loita polo que sería un triplete do club branquiazul, tras certificar os xuveniles e os infantís a súa promoción á Liga Galega esta fin de semana.
O rival dos de Antonio Gómez no segunte encontro a partido único será o Amistade de Meirás, que se reengancha ás eliminatorias tras perder onte na quenda de penaltis en Abegondo contra a Milagrosa, que a vindeira tempada xogará na Liga Galega cadete.
Ante o Villestro, a Residencia foi mellor, sobre todo na primeira parte do encontro na que os da Cheda mereceron irse ao descanso cunha renda superior ao un a cero. Un gol que chegou no último minuto desta metade, tras unha gran acción individual de Conde que finalizou cun disparo que terminou co balón no fondo das mallas.
Ata entón as ocasións máis claras foran para os lucenses, por medio de Hernández, Martín e sobre todo cun disparo de Adrián Cancio que se estrelou no poste. Tamén tivo un disparo ao pau o Villestro á media hora de xogo, na súa ocasión máis clara ao longo do encontro.
O gol de Conde no último minuto foi unha dose de confianza para a Residencia, á vez que un golpe moral para o Villestro xusto antes de terminar a primeira parte.
Tralo paso polos vestIarios a Residencia retrocedeu metros, agrupouse en defensa e realizou un traballo excepcional. O maior perigo do Villestro chegaba en accións a balón parado nas que metían o medo no corpo pola súa maior envergadura, pero a Residencia resistiu e ata puido matar a eliminatoria antes do minuto oitenta á contra, dispoñendo Martín, Vilarín e Conde de cadanseu man a man co porteiro do Villestro á contra.
A Residencia pasa a primeira rolda e sepáranlle dúas eliminatorias da Liga Galega cadete.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu