Un curso e un partido excesivamente longos

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Únicamente conseguimos competir en los primeros treinta y cinco minutos”

CD LUGO 0 – VICTORIA 6

O Lugo cedeu con claridade os tres puntos ante o Victoria nun encontro con dous partes moi distintas que foron un calco do que está sendo a tempada.
Nos primeiros corenta minutos os de Jose Mato foron competitivos malia afrontar o encontro con ata nove ausencias, pero o tramo final do partido fíxose tan longo como se está facendo o da tempada no que, sen nada en xogo, o Lugo encadena tres derrotas consecutivas na División de Honra cadete.
Co vento en contra na primeira parte o Lugo intentou xogar o balón, pero atopouse cun bo Victoria que monopolizou as ocasións de gol, inaugurando o marcador pasada a media hora de xogo tras un saque de banda longo e levándoo ata o cero a dous no último minuto ao aproveitar un erro na saída de balón do Lugo.
Nada máis empezar a segunda parte a marxe de reacción lucense quedouse minimizada co cero a tres aos dous minutos, e acto seguido chegou o cero a catro desde o punto de penalti, quedando o encontro completamente roto con media hora aínda por diante.
Con menos intensidade o Lugo foi capaz de ter o control a partir da posesión por momentos, pero a contundencia continuou correndo a cargo dun Victoria que levou o marcador ata o avultado cero a seis final. Un resultado moi distante do un a catro co que finalizou o encontro de ida.
Na próxima xornada o Lugo visitará ao Rácing de Ferrol coa intención de volver á senda da vitoria na antepenúltima xornada de Liga.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu