Un Calasancio baixo mínimos cedeu os tres puntos en xogo en Sárdoma

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENIS LÓPEZ  – Calasancio

“Seguimos concedendo goles por erros inocentes que nos están costando puntos”

SÁRDOMA 3 – CALASANCIO 1

O conxunto que dirixe Denís López chega ao parón de Nadal coa luz de reserva acesa tras encadear cinco xornadas sen gañar na Liga Galega xuvenil. Cinco xornadas nas que o Calasancio deixou escapar puntos por erros propios en defensa e ao afrontar os partidos con moitas ausencias, neste último, ante o Sárdoma, ata sete baixas tivo o técnico monfortino no seu equipo.
O Calasancio tivo dúas caras en Sárdoma, na primeira parte nunca estiveron cómodosm pero na segunda deron un paso á fronte e loitaron polos puntos ata que os erros defensivos minaron as súas opcións.
O Sárdoma fíxose de inicio co control do xogo e xerou perigo especialmente polo carril esquerdo. A sensación era de superioridade por parte dos locais, e confirmárona co un a cero tras un roubo de balón e conseguinte penalti.
O descanso foi ben recibido por un Calasancio ao que Denís López lle cambiou a cara cun cambio de sistema. Juan dispuxo da primeira ocasión para empatar, pero o dominio tivo a súa recompensa co un a un que asinou Javi Lamus ao rematar unha falta lateral.
Con media hora por diante o Calasancio foise con descaro a polo partido. Juan acariñou o un a dous cun disparo desde fóra do área, pero cando mellor estaban os monfortinos, un erro defensivo propiciou o dous a un e na recta final, cando estaban envorcados en busca do empate, chegou o definitivo tres a un.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu