Último ensaio para o Polvorín antes de poñer o contador a cero

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte, Principal

CABALLERO – EF Polvorín

“Se acabaron las pruebas. Ahora toca espabilar en el día a día”

RÁCING FERROL 4 – EF POLVORÍN 0

O Polvorín tivo ante o Rácing de Ferrol a última proba antes de entrar na fase decisiva da temporada, unha liguiña que comeza co contador a cero para todos os equipos e na que estará en xogo a permanencia.
Tras uns primeiros minutos de dúbidas, nun campo natural ao que non están acostumados, os amarelos plasmaron a súa idea de repregarse e tratar de roubar balóns para saír á contra. A proposta deu resultado aos de Caballero, que non sufriron en defensa e que puideron adiantarse nun remate de David á madeira no minuto 20. No entanto, cando parecía que o partido chegaría ao descanso con empate, en dúas xogadas case consecutivas, unha delas co minuto corenta xa cumprido, os amarelos encaixaron dous goles que complicaron o encontro de cara a segunda metade.
De feito, á volta dos vestiarios, o Rácing de Ferrol fíxose co dominio do encontro. O Polvorín apenas conseguiu enlazar xogadas, polo que o único remate con certo perigo para recortar distancia foi un lanzamento de falta de David. Lonxe de igualarse, o partido foise decantando para o lado dos locais, que sentenciaron con dous tantos máis, o primeiro tras un roubo de balón, e o segundo, noutro remate de córner, a gran debilidade dos amarelos ante un rival co que se volverán ver as caras nesta segunda fase da competición.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu