Última visita a domicilio do Calasancio na Liga Galega

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

Co obxectivo do ascenso xa en mente, os monfortinos despediranse na casa

 

AREOSA 3 – CALASANCIO 1

Os vinte primeiros minutos lastraron as opcións do Calasancio na súa visita ao Areosa. Os monfortinos encaixaron os tres goles en contra nese tramo inicial do partido no que, sen ser moi superiores,

os pontevedreses aproveitaron as lagoas defensivas do Calasancio para encarrilar o triunfo. A partir de aí, os lucenses amosaron máis solidez, pero careceron de profundidade para chegar con perigo á área rival.
A entrada de xogadores de refresco deulle un plus ao conxunto de Manu Rodríguez que, na segunda metade, tivo moita máis presenza ofensiva. Cereijo marcou o 3-1 nunha acción individual á hora de xogo e o equipo seguiu chegando con perigo á portería rival, metendo o medo no corpo aos pontevedreses. A máis clara para seguir apertando o marcador tiverona nun centro de Nacho que se paseou por diante da portería sen atopar ningún rematador.

Última xornada
O Calasancio recibirá no Álex Blanco na última xornada ao Arosa.

 

“Dos partes muy distintas. Cuando reaccionamos ya era demasiado tarde” MANU RODRÍGUEZ  Calasancio

También puedes leer!

O gol volveu ser determinante

A Residencia competiu ben por momentos, pero con balas de fogueo ante un Riveira máis contundente   RESIDENCIA 0

Leer más...

O Lugo despídese na casa pola porta grande

os de Martín Murado impuxéronse ao Celta de Vigo, campión da División de Honra que non perdía dende outubro

Leer más...

Encomiable esforzo con recompensa final

O Lugo B vaciouse na Cheda para puntuar ante o Celta de Vigo B, de novo campión da Liga

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu