O Lugo mantén o goteo de puntos do CD Lugo

En División de Honra, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“Seguimos crecendo e volvemos a facer un bo traballo de equipo”

CD LUGO 1 – ALONDRAS 1

O Lugo mantén a liña ascendente tras sumar a súa terceira xornada consecutiva puntuando. Esta última ante o Alondras nun partido no que os de Álex Antón mereceron os tres puntos en xogo.
Os lucenses quixeron e levaron a iniciativa no xogo dende os primeiros minutos, intercalando xogo directo con posesións máis longas dependendo do que requiría o encontro.
Pola súa banda o Alondras presentouse en Friol coas ideas moi claras; repliegue intensivo e esperar a súa oportunidade á contra ou nalgunha acción a balón parado. Un plan arriscado, pero que estivo a piques de sairlles ben.
Aos sete minutos Ubay, que debutaba no once inicial igual que Jacobo Vilariño, dispuxo da primeira ocasión. Un intento de gol que tivo a súa resposta por parte do Alondras, cun remate ante o que se luciu Julen.
Cando o partido entraba en intercambio de golpes o Lugo era capaz de combinar e ter o balón para arrefriar o xogo, pero o plan do Alondras deu un paso á fronte ao inaugurar o marcador ao filo do descanso cun gol de cabeza á saída dun córner.
A primeira metade terminou cun inxusto cero a un, pero na segunda parte o dominio do Lugo acrecentouse ata dominar con moita autoridade.
Ao cuarto de hora chegou o un a un co primeiro gol de Ubay. Un golazo pola xogada en si na que Rubi serviu un bo balón entre liñas que culminou á perfección o canario no man a man.
Cunha hora por diante a remontada palpábase en Friol. Sobre todo tras ir xerando co paso dos minutos o Lugo ocasións claras de gol. Isma, Peque por tartida dobre ou Jacobo Vilariño de falta directa, pero o gol non chegou aínda que os lucenses buscárono ata o último intre no que Nico rematou de cabeza un balón que se marchou rozando o poste.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu