Tres prazas por decidir para a última xornada da Liga infantil

En Infantil, Principal, Provincial

GRUPO NORTE E GRUPO SUR serán protagonistas a vindeira fin de semana, xa que de cada un deles sairá o terceiro clasificado da táboa no derradeiro encontro. O cuarto mellor das tres ligas tamén terá a súa praza no Provincial

A pasada xornada quedou pechada a parte alta do Grupo Centro coa clasificación de RC Villalbés, CD Lugo e Sagrado Corazón. Tras proclamarse o Burela campión do Grupo Norte, lograr o seu billete o Ribadeo e conseguilo tamén Sarriana e Becerreá no Grupo Sur, quedan tres plazas por decidirse na derradeira xornada desta primeira fase: Dúas serán para os terceiros clasificados dos Grupos Norte e Sur, mentres que a derradeira será para o mellor cuarto das tres ligas.
Grupo Norte
Trala vitoria da SD Viveiro no derbi celeste e o empate do Lourenzá en Foz ambos equipos dependen de si mesmos na derradeira xornada, nun partido que os enfronta. Aos de Antonio Serrano chegaríalles cun empate en Santa Cruz, mentres que os de Michael deben gañar en casa para clasificarse.
Grupo Centro
Pese a que os tres primeiros clasificados xa se decidiron a pasada fin de semana, no Grupo Centro cada equipo segue loitando para mellorar os seus números. Así, O Abuín sumou por primeira vez esta temporada tralo empate ante a Piringalla. Os branquiazuis puxéronse por diante en dúas ocasións, pero os de Juan Gómez remontaron na segunda metade, nos minutos finais Carlos fixo o definitivo 3-3.
O Polvorín acadou a súa terceira vitoria consecutiva e confirman a súa progresión, mentres que o Sagrado volveu á senda da vitoria tralo tropezo da pasada xornada ante o Villalbés. Os chairegos leváronse o duelo de invictos ante o Lugo B por 4-0, pese a que o encontro foi máis igualado do que indica o marcador.
Grupo Sur O Sagrado B tamén estreou a súa conta de puntos cunha vitoria ante o Corgo. Os locais conseguiron igualar o 0-2 inicial dos branquiazuis, que finalmente conseguiron decantar o encontro ao seu favor cos goles de Lucas e Adrián.
A Sarriana asegurou o primeiro posto do grupo e o Becerreá unha praza no Provincial. A próxima fin de semana Residencia B e Antas loitarán pola terceira. Os da Cheda dependen de si mesmos e bastarialles cun empate ante a Piringalla A. Os de Abelairas, pola súa banda, deben gañar ao Becerreá e agardar o pinchazo da Resi.
Cuarto Clasificado Tras clasificarse tres equipos de cada grupo, a décima praza do Provincial cubrirase co mellor cuarto clasificado das tres ligas. A loita estará principalmente entre Polvorín -9 puntos- e Antas -10 puntos-. Os de Caballero necesitan gañar e que os da Ulloa non o fagan.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu