Tras ir perdendo 0-5 ao descanso, o CD Lugo B quedou a un gol da heroica

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Partido importante cuya segunda parte nos marca el camino a seguir”

CD LUGO 4 – VAL MIÑOR 5

Partido tolo nas Gándaras, onde o Val Miñor e o Lugo varréronse do campo, cada un nunha parte do encontro. Ao descanso o marcador era de cero goles a cinco, mentres que na segunda parte os lucenses chegaron a soñar e a dispoñer de ocasións, como mínimo, para empatar o encontro tralo catro a cero de global nos segundos corenta minutos.
Ata entón o Lugo naufragara na peor primeira parte da tempada, con moitas novidades no once para suplir as numerosas ausencias coas que afrontaron o encontro os de Jose Mato.
O Val Miñor púxose por diante moi pronto, co cero a un cando tan só se disputaran quince segundos de partido. O Lugo intentou repoñerse, pero os erros de concentración foron penalizados con goles. O cero a dous ao cuarto de hora deixou KO aos lucenses. A partir de aí foron un xoguete en mans dun rival que levou a diferenza ata o cero a cinco con tres goles en apenas seis minutos.
A mellor noticia para os de Jose Mato foi o fin da primeira parte, xa que a diferenza puido ser maior.
Sen querer responsabilizar a ningún xogador, o técnico albivermello quixo variar o rumbo do encontro movendo todas as fichas que tiña dispoñibles, ata cinco xogadores de campo no banquiño que saltaron ao terreo de xogo dende o primeiro minuto.
O Lugo mellorou, e da man de Prol, imparable para os defensas visitantes, empezou a crer na remontada. Especialmente tras abrir o camiño Iago con dous goles case consecutivos, o primeiro poñendo o balón con moita clase lonxe do alcance do porteiro visitante e o segundo ao rematar un centro de Prol dende a esquerda.
Todo iso nos primeiros seis minutos da segunda parte. Tres máis tarde, Prol inventouse unha volea dende o vértice da área coa que subiu o tres a cinco ao marcador con media hora por diante.
A pouco menos dun cuarto de hora para o final, Xabi facía o catro a cinco tras un saque de falta en curto con Prol, poñendo o balón no corazón do área con sutileza para que Juan Carlos o enviase ao fondo da rede tras un rexeite.
A partir de aí, un disparo de Prol e outro de Iago foron as ocasións máis claras nunha recta final trabada na que o Val Miñor conseguiu que o fútbol pasase a un segundo plano arrefriando o encontro e metendo aos lucenses en pequenas guerras coas que o encontro apenas tivo continuidade.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu