Tras catro empates, o Lugo B reconcíliase cos tres puntos

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“Foi unha vitoria traballada e merecida do equipo”

OURENSE 1 – CD LUGO B 5

O Lugo B rompeu a xeira de catro empates consecutivos na Liga Nacional xuvenil da mellor forma posible, tras impoñerse por un gol a cinco ao Ourense no Municipal de Oira.
Desde os primeiros minutos viuse un partido aberto, con chegadas, sobre todo por parte lucense, pero o primeiro en pegar foi o Ourense ao inaugurar o marcador aos dez minutos. O capítulo de ocasións para os locais na primeira parte terminouse aquí. Pola súa banda, o Lugo B xerou moito.
Óscar e Dani Arias estiveron preto do empate, pero este chegou cunha xogada guiada por David que continuou Álex e finalizou Dani Real empuxando o balón ao fondo das mallas ao bordo da media hora de partido.
O goteo de ocasións ata chegar ao descanso foi constante, pero sen a guinda do gol. Xa na segunda parte o Lugo B deu un paso á fronte que resultou definitivo, en parte pola gran aportación dos cambios, que mantiveron un nivel de esixencia que o Ourense non puido igualar.
Jesús fixo o un a dous cun disparo desde fóra da área, e Xairo foi o autor do un a tres co que o Ourense baixou completamente os brazos.
En pleno monólogo lucense Óscar uniuse á festa con dous goles. O cuarto tras aproveitar un o rexeite dun disparo de Xairo ao poste e o quinto, de novo, ao ser o máis rápido en acudir a un novo rexeite, neste caso logo dun disparo de Lis.
No tramo final a conta púidose ampliar ao dispoñer o Lugo B de máis ocasións que non puido culminar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu