Tralo parón, o Calasancio disputará cinco finais

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

Vinte días por diante para preparar da mellor forma posible o sprint final

 

RIBADUMIA 3 – CALASANCIO 0

O parón de 20 días que ten por diante o Calasancio na Liga Galega xuvenil chégalle en bo momento aos de Carlos Fontal, que intentará recuperar efectivos e a mellor versión do equipo para afrontar as cinco finais que lles quedan coa permanencia en xogo.
Ante o Ribadumia as ausencias de Andrés por lesión e Nico en competición de piragüismo mermaron aos monfortinos, que estiveron demasiado repregados na primeira parte. Así, cando recuperaban o balón había moita distancia que percorrer ata a portería rival polo que apenas tivesen presenza en ataque. Pola súa banda, os locais tiveron ese chisco de fortuna necesaria para inaugurar o marcador tras un disparo no que o balón rebotou en Arca e desviou a traxectoria cara a Manu. Antes do descanso, marcaron o dous a cero. Na segunda parte, o Calasancio acariñou o dous a un pero non tivo fortuna e, pese a estar mellor que na primeira parte, terminou encaixando o tres a cero.

 

“Quedámonos coa segunda parte na que competimos moi ben. Seguiremos traballando para afrontar as finais que nos quedan” CARLOS FONTAL Calasancio

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu