Traballado punto do CD Lugo B nun duelo de alternativas

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“O equipo está nunha liña ascendente. Debemos seguir así”

CD LUGO B 1 – COMPOSTELA 1

O Lugo B encadenou a súa terceira xornada consecutiva puntuando tras empatar ante o Compostela na Fonte, nun partido igualado, con alternativas e marcado pola expulsión de Jesús á hora de xogo por dobre tarxeta amarela.
Ata entón os dous equipos tenteáronse nos primeiros minutos, nos que Jesús e Dani Arias probaron fortuna con cadanseu disparo desde fóra da área.
A pegada correu a cargo dos composteláns, ao inaugurar o marcador cunha primeira aproximación nun gol que naceu nunha falta afastada colgada á área.
O cero a un non variou o rumbo do encontro, no que a igualdade continuou sendo máxima, con moita loita no centro do campo e poucas ocasións claras. Con todo, o Lugo B conseguiu empatar antes do descanso nunha acción que iniciou David cun pase ao espazo para Dani Arias, e este serviu un pase da morte para que Jesús, chegando desde segunda liña, conectase desde o punto de penalti un certeiro remate ao fondo da rede.
Xa na segunda parte a expulsión por dobre tarxeta amarela a Jesús condicionou un pouco o partido. O Lugo B tivo que retroceder metros, pero nunca renunciou ao ataque.
A polémica volveu aparecer nunha acción na que Óscar foi derrubado, o liña sinalou penalti, pero o árbitro pitou falta ao borde da área.
Dani Arias, á contra, tamén dispuxo dalgunha chegada, e a ocasión máis clara foi para o Lugo no tempo de desconto, cun remate de Óscar no que intentou unha vaselina, pero o porteiro compostelán atallou o balón.
Ao final, xusto reparto de puntos nun partido con moitas alternativas entre dous equipos instalados na zona media alta da clasificación. Na próxima xornada o Lugo B viaxa a Santiago para medirse cun Conxo que está inmerso na loita por evitar o descenso á Liga Galega xuvenil.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu