Todos os ingredientes dos derbis estiveron no Roca

VILLALBÉS-RESIDENCIA
Todos os ingredientes que fan dos derbis encontros tan especiais e distintos o resto, estiveron presentes o pasado sábado no Roca, onde se citaron Rácing Villalbés e Residencia.
Un partido con tensión, emoción, polémica, expulsións, igualado, incerto e precioso de ver dende o primeiro ao último minuto.
Coma era previsible o Rácing empezou moi intenso para evitar que a Residencia se puidese adaptar ao Roca, pero os de Adrián Vázquez, aguantaron o tirón inicial e puxéronse o mono de traballo nas disputas e segundas accións, igualando en intensidade e incluso acariñando o 0-1 cun remate de Goás tras saque de esquina que atallou Yago Miguélez, mentras que o Villalbés non perdoou e inaugurou o marcador pasada a media hora de xogo cun disparo cruzado de Alberto.
Ao descanso chegouse con moita igualdade no terreo de xogo e no marcador, a Residencia devolveuna ao inicio do segundo tempo ao transformar Jorge un penalti cometido sobre Goás.
A partir de ahí, os dous equipos xogaron a campo aberto, sen prácticamente medio campo e con chegadas sen concretar, ata que a falta de vinte minutos, o Rácing quedouse en inferioridade numérica trala expulsión de Toni, nun balón ao que chegou tarde na presión pero sen intención de danar o defensa capitalino, Nesa acción tamén foi expulsado Juan Rodríguez por protestar.
O guión de partido continuou igual, cos dous equipos buscando o gol e tras unha incorporación espectacular do capitalino Manu, coándose na área cun cano incluido, o seu centro paseouse pola área pequena sen rematador, collendo o balón Migui no borde da súa área e tras unha conducción, tamén espectacular, montou unha contra con pase a Álex Gimeno e este, devolveulle o balón a Migui, que bateu a David cun sutil remate para asinar un dos golazos da tempada e o 2-1 no derbi.
De novo o Villalbés por diante no marcador e menos de un cuarto de hora por xogar, tempo no que a Residencia volveu atopar o empate, de novo cun penalti cometido sobre Goás e transformado por Jorge, chegando ao desenlace final cos dous equipos fundidos, e máis centrados en non encaixar o terceiro que en marcalo.

“TODOS OS DETALLES DO PARTIDO SAÍRONNOS CRUZ, AÍNDA ASÍ, FIXEMOS UN BO PARTIDO” JUAN RODRÍGUEZ – Villalbés

“BO PUNTO PARA REMATAR O ANO NUN CAMPO COMPLICADO” ADRIÁN VÁZQUEZ – Residencia

Salir de la versión móvil