Terceiro empate consecutivo dun Lugo que segue polo bo camiño

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Defensivamente o traballo de todo o equipo foi excepcional. A nivel ofensivo, condicionounos non materializar as ocasións que xeramos”

CD LUGO 0 – STA. MARIÑA 0

O Lugo sumou a súa terceira xornada consecutiva puntuando na Copa Galicia infantil tras igualar ante un Santa Mariña que no partido de ida lle endosara aos lucenses un contundente oito a un.
Este encontro foi totalmente distinto, xa que o Lugo demostrou que sabe aprender dos erros e variou a formulación respecto ao partido disputado en Vigo. Brais Prados fortaleceu a zaga situando ao equipo en repligue, algo que non se esperaba un Santa Mariña que teriminou optando polo fútbol directo ante a solvencia defensiva local.
Na primeira parte apenas houbo ocasións de gol, pero na segunda o encontro abriuse moito máis, especialmente para o Lugo, que tivo máis presenza en campo contrario e xerou as ocasións máis claras do encontro.
Jorge foi o máis incisivo xerando e finalizando, pero sen o premio do gol, mentres que defensivamente o traballo do Lugo continuou sendo moi bo, de aí ao cero a cero co que terminou o encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu