Terceira vitoria consecutiva na casa dun Viveiro que recuperou as boas sensacións

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“Sumamos una victoria importante y merecida. Tuvimos paciencia con el balón ante un rival muy replegado a lo largo del encuentro”

VIVEIRO 2 – CONXO 1

O Viveiro volveu á senda da vitoria. Para quedarse cos tres puntos os celestes tivéronse que armar de paciencia ante un rival que, por momentos, defendeu ao borde da súa área.
Con moita posesión pero con poucas chegadas, o Viveiro recorreu á súa calidade individual. Ao cuarto de hora Manu Río fabricou o un a cero que asinou Noel tras gañar o primeiro a liña de fondo. O propio Manu fixo o dous a cero ao rematar un saque de esquina á media hora, e pouco despois calcou a xogada do un a cero, aínda que esta vez, tras gañar de novo a liña de fondo, o pase da morte finalizouno Hugo Seijas cun remate no primeiro pau.
O tres a cero deixaba o partido de cara, pero antes do descanso o Conxo recortou distancias e nada máis empezar o segundo tempo volveuse a meter de cheo no encontro co momentáneo tres a dous.
A partir de aí, tras uns minutos nos que o Viveiro acusou o golpe e o Conxo creu na remontada, os celestes pasaron polos seus peores minutos. Pero co paso do partido foron impoñendo a súa superioridade, aínda que o gol da sentenza fíxose de rogar ata o tramo final, no que Manu Río volveu regalar o gol a Noel tras unha xogada individual.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu