Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

En Prebenxamíns, Primeira División, Principal

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e remataron terceiros. O Lugo, pola súa parte, foi sexto na Grela 

 

Os dous representantes lucenses no Campionato Galego prebenxamín pecharon a súa participación na primeira fase dunha competición na que tan só os primeiros acceden á segunda fase.O campión Provincial, o Xove Lago, foi o que máis preto estivo do soño de disputar a fase final. Os de Kiko Rey demostraron en Narón que a súa espectacular tempada non foi por casualidade e tan só a lotería dos penaltis apeou aos mariñaos.
O Xove Lago quedouse ás portas da gran final tras un curso no que tan só perderon un encontro no tempo regulamentario, ante o Lugo na segunda fase do Provincial. Ata nesta primeira fase do Galego o Xove asinou por vitorias todos os seus encontros da fase de grupos, impoñéndose ao Conxo Santiago por tres goles a dous, ao Meirás por dous a tres e ao Lalín por un claro e contundente cinco a cero.
En semifinais os de Kiko Rey medíronse co Luís Calvo Sanz, ante o que empataron a un en semifinais e o pase á final decidiuse nos penaltis nos que o Xove Lago caeu por un gol a dous.
Na loita polo terceiro e cuarto posto impúxose ao Conxo Santiago por catro goles a cero terminando no podio dunha primeira fase na que o Calvo Sanz sacou o billete para a fase final.
Pola súa banda o CD Lugo disputou na Grela o seus partidos da primeira fase. Os capitalinos perderon todos os encontros que disputaron, os tres da fase de grupos ante Calasanz, 5-1, Victoria, 1-4 e Fisterra, 1-3, Mentres que na eliminatoria polo quinto e sexto posto cederon ante o Xuventude Oroso por 5-1.

 

“Meritorio tercer puesto sin perder un solo partido, muy cerca de haber conseguido el pase a la fase final. Estamos muy orgullosos de nuestro equipo, que estuvo a la altura de los mejores de Galicia” KIKO REY Xove

 

“Muy orgulloso del compromiso y trabajo realizado hasta el final por todos los jugadores ante rivales de un gran nivel” DAVID ARIAS CD Lugo

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu