Tan só faltou a guinda do gol no Álex Blanco

En Cadete Superiores, Liga Galega Sur, Principal

o calasancio empatou ante o salgueiriños no álex blanco nun encontro marcado pola intensidade ao longo dos oitenta minutos ante un dos aspirantes ao ascenso á División de Honra

Punto de moito mérito o acadado polos monfortinos no Álex Blanco ante un Salgueiriños que se presentou e saíu de Monforte en postos de ascenso á División de Honra.
Un Salgueiriños moi físico e coas ideas claras, sen complicarse nada, con solvencia defensiva e fútbol directo sobre un terreo de xogo pesado pola chuvía dos últimos días e sobre o que o Calasancio, ademais de igualar en intensidade, loitou polos tres puntos ata o desenlace final no que Julio tivo unha clara ocasión a falta de cinco minutos para desnivelar o marcador.
Ata entón a loita librouse en medio campo, con moito fútbol directo e segundas xogadas nas que o Calasancio estivo intenso en todo momento.
No primeiro tempo Julio tivo a ocasión máis clara nun man a man ante o porteiro visitante que non puido culminar, mentras que no segundo tempo o Salgueiriños, cun remate ao pau tras un rexeite de Manu Morillo despois dun lanzamento de falta directa, tivo a súa mellor ocasión, antes de que Julio volvese a pechar o capítulo de ocasións co remate dende o punto de penalti tras un centro de Juan que o dianteiro monfortino rematou alto.
Ao final, xusto reparto de puntos no Álex Blanco nun encontro no que o Calasancio sae reforzado tras comprobar que, con intensidade, é quen de competir ante un dos equipos chamados a dar o salto de categoría ao remate da tempada.

“PARTIDO MUY IGUALADO Y COMPETIDO. SI SOMOS CAPACES DE MANTENER ESTE NIVEL DE CONCENTRACIÓN… DISFRUTAREMOS MUCHO ESTA TEMPORADA” CARLOS FONTAL – Calasancio


O Lugo B xa asedia o pódio da Liga

CD LUGO B
Xa son nove encontros consecutivos sen perder para un Lugo B que sumou 21 dos últimos 27 puntos en xogo, os tres últimos tras impoñerse ao Compostela en Santiago cun gol de Hugo a dez minutos para o final dun partido dominado polos de Yoni dende o inicio.
O filial alvibermello exhibiu o seu estado de gracia e confianza ante un rival que demostrou moito respeto polos de Yoni dende os primeiros minutos, ao priorizar non encaixar cunha defensa moi pechada e sen opcións en ataque, dispoñendo ao longo dos oitenta minutos de tan só dúas chegadas con relativo perigo tras un saque de esquina e un disparo lonxano.
O protagonismo ofensivo acaparouno o Lugo B, que xa no primeiro tempo mereceu inaugurar o marcador tralas ocasións de Adri, nun un para un, dous centros sen remate na área pequena de García e un remate do propio Pablo García que non encontrou porta.
Ao descanso o Compostela chegaba con vida no marcador pese a verse superado, unha dinámica que continuou no segundo tempo, no que os composteláns aínda se atrincheraron máis preto da súa área, renunciando prácticamente ao ataque.
O Lugo B tivo a paciencia necesaria para agardar o seu momento e este chegou a falta de dez minutos ao culminar Hugo una xogada colectiva tras un pase final de Jes, derrubando deste xeito o entramado defensivo dun Compostela que, aínda que intentou reaccionar no treito final adiantando liñas, non dispuxo de ocasións para o empate mentras que Adri estivo preto do 0-2 nunha das últimas xogadas do encontro.

“PARTIDO QUE NON E DOADO DE XOGAR, PARTIDOS QUE SE COMPITEN EMPEZANDO POLA FASE DEFENSIVA” YONI – CD Lugo B


Outro punto que sabe a moi pouco

MILAGROSA
Cuarta xornada consecutiva puntuando para unha Milagrosa que, sen embargo, continúa sumando moitos menos puntos dos que merece. Nesta ocasión en Oroso tralo un a un final, que deixa aos lucenses con sabor agridoce tras adiantarse no marcador e dispoñer de claras ocasións na segunda parte parta sumar os tres puntos en xogo.
Os primeiros corenta minutos foron máis pechados, pero Nico inaugurou o marcador tras un centro de Quintela, mentras que o Oroso B empatou nunha acción aillada tras un penalti.
Tamén tiveron os lucenses un penalti a favor no segundo tempo que non transformaron e outra ocasión clara por medio de Diego para desnivelar o marcador final, que deixa máis ledos aos do Oroso que á Milagrosa.

“ES IMPORTANTE QUE SUMAMOS UNA NUEVA JORNADA SIN PERDER PERO TENEMOS QUE IR A POR LOS TRES PUNTOS EN FRIGSA” MADRILES – Milagrosa


Borrón e conta nova na mariña

SD VIVEIRO
Borrón da SD Viveiro en San Tirso nun encontro no que os mariñaos non tiveron a intensidade necesaria para competir nun campo de dimensións tan reducidas coma é o de San Tirso, onde os mariñaos mantiveron o cero a cero inicial ata a media hora de xogo, tempo no que, en dous minutos, o San Tirso levou o marcador ata o 2-0 co que se chegou ao descanso.
No entretempo Antonio Serrano realizou os cinco cambios que tiña no banquiño, incluidos os dous infantis Sergio e Luis, este último ao disputar os seus primeiros minutos na Liga Galega cadete. Unha revolución que mellorou á SD Viveiro, especialmente no treito inicial da segunda parte na que tan só faltou un gol que metese de novo aos mariñaos na loita polos puntos nun encontro no que, o San Tirso sentenciou e levou o marcador final ata o 4-0 con dous goles nos últimos dous minutos de xogo.

“HAY QUE CAMBIAR YA EL CHIP, SINO VA A SER DEMASIADO TARDE” ANTONIO SERRANO – SD Viveiro

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu