Tagüi asinou taboas no segundo empate consecutivo do Calasancio

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Temos que entrar antes nos partidos para non ir contracorrente dende o inicio”

BORA 2 – CALASANCIO 2

O Calasancio está caendo no desánimo pese a que aínda restan por disputar 21 puntos. A moral baixa dos monfortinos ao longo dos adestramentos semanales trasladouse ao encontro, ao encaixar o un a cero no primeiro minuto de xogo.
A sensación no tramo inicial era de que o Calasancio íao a pasar moi mal, pero aos poucos os de Cordas fóronse enchufando ata igualar forzas e ser superiores.
Iago volveu acudir á súa cita co gol por segunda xornada consecutiva e con similar execución, cun remate no segundo pau tras unha acción a balón parado.
Cando mellor estaba o Calasancio chegou unha desconexión defensiva nun córner en contra que supuxo o dous a un co que se chegou ao descanso.
Xa na segunda parte os monfortinos volveron ter que remar contracorrente ante un Bora que se acazapou e esperou algunha contra para sentenciar un partido vital para eles, ao estar ao límite dos postos de descenso.
O Calasancio foi máis regular na busca do gol. Román buscou un empate que chegou tras unha boa xogada de Abel pola esquerda, que finalizou cun centro ao corazón da área que rematou Tagüi ao fondo das mallas.
Nos últimos dez minutos o partido foi un correcalles que puido caer de calquera lado, aínda que o marcador final xa non se moveu.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu