Novo empate do Lugo B nin atractivo encontro

En Liga Nacional, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“Partido bonito para os espectadores, con moitas ocasions de gol para os dous equipos”

CD LUGO B 2 – VICTORIA 2

Partido atractivo o disputado entre Lugo B e Victoria na Fonte, onde os dous conxuntos apostaron por un fútbol alegre nun encontro no que o estraño é que o marcador se quedase no escueto empate a dous final.
Ambos equipos, cos deberes feitos a nivel clasificatorio, apostaron polo ataque. Dani Arias dispuxo da primeira ocasión de gol no primeiro minuto, e o un a cero chegou ao cuarto de hora tras un saque de esquina de Jesús que rematou ao fondo das mallas Nassim desde dentro da área pequena.
A vantaxe do Lugo B non variou para nada o rumbo do encontro, e pouco despois os herculinos empataron cunha contra tras roubo de balón en tres cuartos de campo.
O Lugo B quixo e conseguiu levar o peso do partido, pero o Victoria mostrábase moi perigoso á contra cun remate ao larguero e un man a man que detivo Brais antes de que Dani Real asinase o dous a un tras un bo pase interior de Dani Arias que o monfortino culminou con acerto no man a man co porteiro visitante.
Xusto antes do descanso, de novo Dani Real, nunha contra de tres para un do Lugo B, puido aumentar distancias, pero falloulle o control.
Tralo paso polos vestiarios aos de Bruno Rodríguez custoulles un pouco meterse en dinámica de partido e o Victoria foi mellor. Froito diso chegou o empate a dous logo dunha falta lateral sacada en curto e con remate de cabeza desde dentro da área.
Co paso dos minutos o Lugo B volveuse a entonar aos poucos ata asediar a portería visitante. O árbitro lle anulou un gol a Óscar por fóra de xogo, antes de que Brais evitase de novo nun man a man o dous a tres do Victoria.
Nos últimos dez minutos os lucenses tiveron por medio de Álex, Nassím e Dani Real as ocasións máis claras para desnivelar o marcador a favor dun Lugo B que empatou cinco dos seus últimos seis encontros na Liga Nacional xuvenil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu