Táboas no duelo directo no Norte

En Autonómica Infantil, Infantil, Principal

GRUPO NORTE Agardábase unha xornada frenética neste grupo pero o que non se podía esperar era que tan só un equipo dos seis primeiros clasificados conseguise o triunfo. O Porto de Burela, segundo clasificado, foi o único equipo dos seis primeiros que gañou tras impoñerse na Marosa por 6-1 ante o Villlabés B.
No duelo máis destacado da xornada, o que mediu ao Lugo B co Burela nas Gándaras houbo empate. Os mariñaos adiantáronse por medio de Manu a dez minutos para o final e no último minuto Piñeiro fixo o empate co que o Lugo B mantén tres puntos de renta sobre o segundo e seis sobre o terceiro, unha Milagrosa que cedeu dous puntos tralo empate a cero ante o Lourenzá en Frigsa.

GRUPO SUR
O Polvorín segue sumando por vitorias todos os encontros disputados esta tempada. O último cun 8-0 ante a Ferroviaria en Montirón, mentras que neste Grupo Sur a loita pola segunda praza que da opción a disputar o Provincial empeza a acaparar todo o protagonismo. Sobre todo tralo empate nesta xornada da Piringalla ante a Sarriana, o que abre aínda máis a porta a Sagrado Corazón, que se queda a 4 puntos do segundo posto e de Becerreá e Antas, ambos a seis do corte de clasificación para o Provincial.

PRÓXIMA XORNADA
No Grupo Norte descansa o segundo clasificado, Porto de Burela, mentras que o Lugo B, líder, recibe ao Ribadeo. No Grupo Sur o duelo máis destacado medirá ao Becerreá ante o Sagrado, terceiro contra cuarto e o segundo, a Piringalla, recibe á Ferroviaria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu