Superado un pequeno baixón o Viveiro alzouse cos tres puntos

En Cadete, Liga Galega Norte

Tralo 2-0 o Vitoria empatou en apenas dez minutos, pero Trasi e Jericó asinaron o primeiro triunfo A primeira vitoria do Viveiro esta tempada na Liga Galega cadete chegou de forma xusta pero cun excesivo suspense, xa que os de Luchi sufriron un pequeno baixón ao comezo da segunda parte na que o Victoria chegou a soñar coa remontada no Municipal Marcos Gómez.
Ata entón, e tras uns primeiros minutos de tenteo, os celestes foron mellores e plasmárono no marcador co dous a cero co que se chegou ao descanso. O un a cero foi obra de Luís e o segundo asinouno Trasi ao culminar unha gran acción colectiva do Viveiro.
As boas sensacións continuaron ao comezo da segunda parte pero en dúas accións illadas en apenas cinco minutos o Victoria, con dous goles, empatou o encontro. De novo, o Viveiro tivo que resetearse e fíxoo con contundencia e firmeza.
Trasi volveu acudir á súa cita co gol ao rematar o balón ao fondo das mallas cunha xogada entre os dous centrais, mentres que a sentenza chegou a cargo de Jericó ao culminar unha acción individual coa que sentenciou o encontro na recta final dun partido no que o Viveiro foi mellor e plasmouno no resultado final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu