Só faltou a guinda do gol

En Cadete, Liga Galega Norte

O Lugo B foi de menos a máis ata pechar ao Deportivo B no seu campo nunha gran segunda parte que marca o camiño a seguir

O Lugo B cedeu os tres puntos ante o Deportivo B nas Gándaras, pero os de Edu Rodríguez marcaron a folla de ruta a seguir á marxe do resultado final que, sobre todo tralo sucedido na segunda parte, non reflicte o bo encontro realizado polos lucenses.
De inicio, Edu Rodríguez sorprendeu cunha formulación en 3-4-3 para ter o balón e apertar arriba ao Deportivo B. Con todo, o equipo non se atopou cómodo ao longo dos primeiros corenta minutos nos que os visitantes se adiantaron no marcador antes do cuarto de hora inicial.
O resto da primeira parte transcorreu con moitísimo xogo no medio campo e sen chegadas claras por parte do Lugo B ao área rival.
O guión de partido cambiou por completo na segunda parte. Edu Rodríguez recuperou o habitual 4-3-3 e o equipo empezou a crecer e a crer na remontada.
Aos poucos o Lugo B foi metendo ao Dépor B no seu campo, con chegadas continuas por banda e centros, coa única lagoa do acerto no remate.
Nodar por partida dobre e Gabri dispuxeron das máis claras pero o balón non quixo entrar e o Lugo B, pese a merecelo, quedouse ás portas de puntuar ante un Deportivo B ao que superou con claridade nunha segunda metade que deber ser a folla de ruta a seguir polos lucenses na próxima xornada ante o Ural B na Coruña.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu