Síntomas de melloría

En Liga Galega, Xuvenil

O Viveiro mereceu a vitoria pero recuperou sensacións antes da dobre cita desta semana ante rivais directos comO Betanzos e Riveira

Disfrutar o parón de Nadal pasa por esta semana, na que o Viveiro medirase con dous equipos da zona baixa, o xoves en Betanzos e o sábado ante o Riveira no Marcos Gómez. De gañar os dous encontros os de Antonio Serrano afrontarían as vacacións con tranquilidade pero de non facelo terán que dixerir o turrón.
O Viveiro chegaba tocado á cita ante o Val tralas dúas últimas derrotas, e aínda que só sumou un punto tras merecer os tres en xogo, sae reforzado.
O partido estivo condicionado polo aire. Un forte vento que os de Antonio Serrano tiveron en contra ao longo dos primeiros corenta e cinco minutos, pero controlaron ben esta situación cunha gran solvencia defensiva que secou aos visitantes en ataque, mentres que Ángel, cun disparo cruzado, e Iván cun remate por encima do larguero tras unha falta directa, dispuxeron das ocasións máis claras na primeira parte.
Na segunda, co vento a favor, o Viveiro meteu no seu campo ao Val e iniciou un carrusel de ocasións sen finalizar entre as que destacaron un remate ao larguero de Xavi, dous lanzamentos de falta de Jorge nos que se luciu o porteiro visitante e un saque de esquina no que o balón estrelouse no poste de novo.
Ao final, o Viveiro arriscou en exceso para buscar o gol da vitoria e puido pagalo con algunha contra sen finalizar dun Val con dúas puntas moi rápidos e perigosos.
Betanzos e Riveira serán os rivais do Viveiro esta semana nunha dobre xornada que se disputa xoves e sábado e da que dependerá o estado anímico co que os celestes gocen do parón de Nadal.

“Ahora toca afrontar las dos finales que vienen” ANTONIO SERRANO Viveiro CF

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu