“Showtime” do Viveiro

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

Vendaval celeste no Marcos Gómez para volver á senda da vitoria na Liga Galega xuvenil facéndolle un sete ao Conxo Santiago B

 

VIVEIRO CF 7 – CONXO B 1

O Viveiro asinou a goleada da xornada e da tempada na Liga Galega nun partido disputado no Marcos Gómez. O sete a un final ten varias lecturas nun encontro de poder a poder nos primeiros minutos e nunha primeira parte marcada pola presión alta dos composteláns, que cavaron a súa propia tumba ao non ter cambios neste partido polo que na segunda parte pagaron cunha goleada o esforzo realizado nos primeiros corenta e cinco minutos.
O Conxo Santiago B sorprendeu de inicio coa defensa practicamente no medio campo, intentando que se xogara no terreo de xogo do Viveiro pero deixando moitos espazos á contra, algo ante o que David Ben se frotou as mans, inaugurando o marcador aos cinco minutos tras un balón ao espazo de Macly.
Os composteláns continuaron coa súa aposta que, por momentos, lles funcionou ao cometer o Viveiro moitas imprecisións na saída de balón. Nunha delas, o Conxo Santiago devolveu as táboas ao marcador no ecuador da primeira parte.
Antes do descanso Macly aproveitou a confianza do porteiro visitante para facerse cun novo balón ao espazo e anotar o dous a un antes do descanso.
Xa na segunda parte, co paso dos minutos, o Conxo Santiago empezou a perseguir sombras no Marcos Gómez. O Viveiro tivo máis calma e calidade no último pase e na definición polo que, co paso dos minutos, a diferenza foise ampliando ata chegar aos cinco goles na segunda parte para pechar o electrónico co avultado sete a un final.

Próxima xornada
O Viveiro, sexto na táboa, viaxa a Narón para medirse cun O Val que ben de ganar por un gol a cinco, que ocupa a segunda posición e que está con catro puntos de marxe sobre o Bergantiños na loita que manteñen ambos equipos polo ascenso á Liga Nacional xuvenil.

“La segunda vuelta de este equipo está siendo impresionante. A ver si nos dura hasta el final de temporada” ANTONIO SERRANO Viveiro Club de Fútbol

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu