Sete conxuntos mantéñense invictos nos tres grupos cadetes

En Cadete, Principal, Provincial

Ribadeo, Foz, Residencia A e B, Sagrado, Polvorín, Monterroso suman os seus partidos por vitorias tras a disputa das tres primeiras xornadas

Ribadeo, Residencia B e Piringalla lideran as ligas cadete tras a disputa da terceira xornada no fútbol provincial cadete nos diferentes grupos que forman esta primeira fase.

Vitorias pola mínima O Ribadeo levou o primeiro choque entre aspirantes ao Provincial ante o Burela. Os ribadenses quedaron cos tres puntos nun partido igualado no que se adiantaron e que tivo que desnivelar Del Viso, a dez minutos para o final, tras o empate do Burela.
O Lourenzá sumou os seus primeiros puntos tras outro triunfo pola mínima, ante o Viveiro. Os laurentinos aproveitaron mellor as ocasións no Marcos Gómez. Foz e Xove disputaron de .

Empate sen goles Abuín e Casás asinaron o único empate sen goles da xornada no fútbol 11. Os colexiais volveron mostrarse impermeables para os rivais. A pasada fin de semana desesperaron ao Polvorín, e esta o Abuín, que non foi quen de transformar ningunha das ocasións que tivo para marcar. A rochosidade chégalles de momento ao de Aarón Sánchez para seren terceiros.
O resto da xornada no grupo Centro resolveuse con vitorias visitantes. Gañaron con solvencia Sagrado Corazón, Residencia B e Polvorín.

De tres en tres Piringalla, Monterroso e Residencia ocupan, por esta orde, as primeiras prazas da clasificación no grupo Sur tras encadearen dúas vitorias nas dúas últimas xornadas. O equipo de Jorge Pereira impúxose con solvencia ao Antas tras poñerse 2-0 xa nos primeiros minutos.
O Monterroso gañou tras repoñerse do golpe inicial do Polvorín que abriu o marcador aos 2 minutos. Os amarelos empezaron e acabaron mellor o partidopero non foi suficiente para poñer en cuestión a vitoria dos da Ulloa.
A Residencia impuxo a súa superioridade no Municipal de Becerreá. Os locais apenas fixeron concesións na primeira parte pero foron ao descanso con 0-2 en contra, e dous goles moi seguidos ao inicio da segunda parte deixáronos sen opcións.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu