San Roque e Becerreá estrean a súa conta de puntos e apertase a zona alta da táboa

En Grupo Sur, Xuvenil

Os tres primeiros puntos do San Roque

 

SAN ROQUE 3 – QUIROGA 1

Primeira vitoria da tempada para un San Roque que xa avisara as pasadas xornadas de que é un equipo moito máis forte e máis traballado que o de outras campañas. Pola súa banda o Quiroga, equipo que se estrea esta tempada na competición con xogadores que viñan de xogar a fútbol sala en cadete, continúa a súa progresión na categoría e demostrou ao longo de este encontro que está capacitado para loitar por puntuar ante calquer equipo.
Os visitantes comezaron adiantándose na primeira xogada de partido. Tras sacar de centro, Cañero enviou un balón á espalda da defensa que Juan controlou para mandar o balón ao fondo da portería. A partir de aí foi o San Roque quen intentou levar o mando do encontro, pero o Quiroga, ben defensivamente, freou as chegadas locais, que por medio de Elián e Herrero buscaron o gol nos primeiros corenta e cinco minutos.
A volta ao campo na segunda metade foi clave, os verdibrancos saíron moi enchufados e en dous minutos Elián fixo dous goles que deixaban ao Quiroga moi tocado e sen capacidade de reacción. Pouco despois Samu facía o terceiro cun disparo dende fora da área e, pese a que o conxunto visitante apertaría nos últimos dez minutos por volverse meter no partido, o marcador xa non se movería.

 


 

Muinelo dá os tres puntos ao Sagrado na última xogada do encontro

 

SAGRADO CORAZÓN 1 – POLVORÍN A 0

O igualadísimo partido entre Sagrado e Polvorín decidiuse na última acción do partido, unha xogada persoal por banda de Muinelo que, tras recortar, disparou a porta dende o vértice da área para coar o balón por toda a escuadra e darlle a segunda vitoria consecutiva aos de Brais Rozados.
Ata entón o encontro discurrira con alternancias no xogo de ambos equipos. Na primeira metade os amarelos levaron o peso do encontro, pero cada vez que perdían o balón o Sagrado aproveitaba para crear perigo á contra por medio de Gundín, que tivo dous un contra un para adiantar aos locais.
Na segunda metade a tónica mantívose e o Polvorín gozou dos seus mellores minutos con chegadas de Anás e Saisa que puideron supoñer o 0-1. Na recta final do encontro o Sagrado botou o resto, outro man a man de Gundín e un balón ao pau de Rubén daban o aviso antes do tempo de desconto, cando Muinelo se poñía o traxe de heroe para asinar o gol da vitoria.

 


 

Xusto reparto de puntos na Ribela

 

SARRIANA 1 – MILAGROSA 1

A Milagrosa adiantábase cun gol de David Losada ao comezo da segunda metade tras unha primeira igualada na que aos da Frigsa anulóuselles un gol.  Os locais  empataban aos cinco minutos cun gol de Cayuela de falta directa e, pese a que ambos equipos buscaron os tres puntos, o marcador xa non se movería.

 


 

O derbi da Ulloa foi para o Monterroso

 

MONTERROSO 3 – PALAS 2

Dous goles ao comezo do encontro poñían por diante ao Monterroso, pero o Palas, lonxe de virse abaixo, devolvía as táboas  por medio de Ángel e Ouro. Joselu adiantaba de novo aos locais a trinta para o final e os de Luis Mato gozaron das mellores ocasións nos  últimos minutos, pero non tiveron sorte de cara a portería.

 


 

O Becerreá xa comeza a carburar

 

BECERREÁ 2 – TABOADA 0

O Becerreá asinou os primeiros tres puntos da tempada grazas aos goles de Borja e Javi e á seguridade dos de Antón Méndez atrás, que non deron opcións ao Taboada. O tanto de Borja na primeira metade deulles ás de cara á segunda, na que Javi sentenciou cun golazo á media volta.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu