Sagrado, Polvorín e Ribadeo tamén súmanse ao Provincial cadete

En Cadete, Principal, Provincial

Os de Brais rozados saen moi reforzados ao vencer á Residencia B. Foz, Burela, Monterroso son os mellor situados para pelexar polos tres postos en xogo

Ribadeo A, Sagrado Corazón e Polvorín sumáronse á Residencia A asegurando, coas vitorias desta xornada, a súa clasificación para a segunda fase.
O partido máis esixente para pasar o corte tívoo o Sagrado Corazón, que se tiña que enfrontar a unha Residencia B que chegaba ao duelo no primeira praza. O partido comezou prometendo goles. Corredoira abriu o marcador no minuto un e, no 11, chegaba o empate de David para os locais. Co paso dos minutos, os dous equipos fóronse asentando no campo e impúxose a maior efectividade de Sagrado Corazón, que marcou o gol da vitoria nun córner. Os tres puntos sitúanos no liderado do grupo en solitario. A xornada no Centro completouse con victorias de Polvorín, Atlético Abuín e Casás.

Grupo Norte
O Burela non renuncia a clasificarse para a segunda fase. Os de Ramiro Chaves lograron ante o Viveiro B un traballado triunfo que os mantén a cinco puntos do Foz. Os de Burunda tamén gañaron, en Xove, nun partido igualado que resolveron con eficacia nas contras. O Lourenzá venceu ao Rácing Villalbés B, fronte ao que perdera en Santa Cruz.
Grupo Sur
A Residencia marca distancias no liderado tras vencer ao Monterroso, que non sacou a súa mellor versión na Cheda. Con todo, os da Ulloa seguen tendo a clasificación na man encamiñada.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu